MediaWiki:Uploadtext/glfromflickr
Este formulario só serve para cargar obras do Flickr creadas por alguén (non vostede). Para cargar obras doutro sitio que non sexa o Flickr, por favor, utilice o formulario correspondente.
Que no Flickr poña "Esta foto é pública" ("This photo is public") NON DI NADA ACERCA DO SEU COPYRIGHT. Só quere dicir que a fotografía pode ser vista por todos. A licenza do logo e a ligazón están localizadas baixo a cabeceira "Información adicional". Por favor, vexa tamén a nosa guía acerca de cargar imaxes do Flickr e mais a nosa páxina coas licenzas problemáticas. As imaxes do Flickr teñen ata sete opcións de licenza. Só algunhas están permitidas aquí: | |||||||||||||||||||||||||
|
Se a imaxe SI se pode cargar aquí, use a ferramenta Flinfo para extraer a información do resumo e cópiea embaixo. Se está a usar esta ferramenta Flinfo, por favor, use o formulario sinxelo para cargar a imaxe.
As licenzas NC (só pode ter un uso non comercial) ou ND (non está permitido crear obras derivadas) NON están permitidas aquí. Se a imaxe NON se pode cargar, pode pedirlle ao seu autor que libere a súa obra baixo unha licenza libre como as CC-BY (licenza Creative Commons Attribution) ou CC-BY-SA (Creative Commons Attribution ShareAlike). Quizais queira ler a nosa guía para axudalo a comprobar se as imaxes que está a cargar están permitidas. | ||||||||||||||||||||||||
Embaixo, o modelo Información insire algunhas categorías que describen o contido amosado na obra. Cambie o Nome do ficheiro de destino: por algo descritivo e que teña sentido. Asegúrese de cargar a versión "Orixinal" ou con "Resolución máxima" da imaxe, nunca unha con pouca resolución!
Teña en conta que os usuarios do Flickr normalmente non entenden de copyright. Se sospeita que non son os autores da obra, esta debe ser borrada aquí. |
Commons proporciona un servizo experimental, o cal permite aos usuarios transferir, de maneira doada, imaxes do Flickr como unha alternativa a esta páxina. Ademais, tamén hai unha páxina alternativa que usa o bot Magnus Manske's. |