Delmenhorst: Diferenzas entre revisións
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial» |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Xeografía política}} |
|||
'''Delmenhorst''' é unha cidade de [[Alemaña]], no estado de [[Baixa Saxonia]], de 77.711 habitantes (2008). A cidade sitúase entre [[Bremen]] e [[Oldenburg]]. |
'''Delmenhorst''' é unha cidade de [[Alemaña]], no estado de [[Baixa Saxonia]], de 77.711 habitantes (2008). A cidade sitúase entre [[Bremen]] e [[Oldenburg]]. |
||
Revisión actual feita o 27 de novembro de 2023 ás 13:07
Epónimo | Delme (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baixa Saxonia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 78.385 (2022) (1.255,16 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 62,45 km² | ||||
Bañado por | Delme (en) e Klosterbach (en) | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Harald Groth (pt) (1974–1976) Otto Jenzok (pt) (1976–1984) Jürgen Thölke (pt) (1986–2001) Patrick de La Lanne (pt) (2006–2014) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27749–27755 | ||||
Prefixo telefónico | 04221 | ||||
Código NUTS | DE941 | ||||
Número de municipio alemán | 03401000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Lublin (1992–) | ||||
Páxina web | delmenhorst.de |
Delmenhorst é unha cidade de Alemaña, no estado de Baixa Saxonia, de 77.711 habitantes (2008). A cidade sitúase entre Bremen e Oldenburg.
Historia
[editar | editar a fonte]Delmenhorst menciónase pola primeira vez nun documento de 1254 tras que o conde de Oldenburg, Otto I, mercara o lugar preto do río Delme en 1234. Alí construíuse en 1247 unha fortaleza para protexer o novo asentamento. O seguinte conde, Otto II, fixo deste castelo a súa residencia. O 15 de xullo de 1371 Delmenhorst declarouse cidade independente consonte as leis de Bremen.
Despois dun breve período baixo o goberno do bispo de Bremen (1421-1436), Demelhorst volveu á custodia de Oldenburg ata que en 1482 pasou ao poder do bispo de Münster. En 1547 volveu para Oldenburgo e desde 1667 pasou, como o resto de Oldenburg, á autoridade danesa. A tsarina Catarina II mercou Delmenhorst en 1767 pero devolveullo a Oldenburg en 1773. En 1777 Delmenhorst converteuse en ducado de Oldenburg, en 1806 un exército franco-holandés ocupou o territorio, Delmenhorst foi parte do Imperio Francés de 1811 ata 1813.
Durante a Revolución Industrial Delmenhorst experimentou un forte crecemento económico, grazas a Bremen, xa que os comerciantes para evitar pagar altos dereito aduaneiros por exportar bens manufacturados producían os bens nas vilas veciñas que estaban fóra da área aduaneira de Bremen.
En 1903 Delmenhorst converteuse en kreisfrei, o que significaba que estaba baixo o seu propio goberno sen depender doutro. Durante a época de depresión dos anos 30 as fábricas pecharon pero a cidade continuou a medrar, incorporando as aldeas do arredor. En 1938 durante a A noite dos cristais rotos queimaron a sinagoga. Despois da segunda guerra mundial a cidade quedou baixo a zona de ocupación británica e acolleu milleiros de refuxiados da Alemaña Oriental, baixo ocupación da Unión Soviética
Cidades Irmandadas
[editar | editar a fonte]- - Allonnes, Francia
- - Borisoglebsk, Rusia
- - Eberswalde, Alemaña
- - Kolding, Dinamarca
- - Lublin, Polonia
- - Toledo, Ohio, USA