Saltar ao contido

Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «mistura»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Atención|1=Desactualizado ([[brexit]]).|data=agosto de 2017}}
{{Atención|1=Desactualizado ([[brexit]]).|data=agosto de 2017}}
{{coord|55|N|3|W|display=title|scale:10000000}}
{{1000}}
{{1000}}
{{Xeografía política}}
{{País
| nome_oficial =Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
| nomes_alternativos = ''United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland''
| nome_curto = Reino Unido
| de = do
| imaxe_bandeira = Flag of the United Kingdom.svg
| imaxe_escudo = Royal Coat of Arms of the United Kingdom (Tudor crown).svg
| imaxe_escudo_tamaño = 75px
| imaxe_mapa = United Kingdom (orthographic projection).svg
| lema_nacional = [[Dieu et mon droit]]<br/>([[Lingua francesa|Francés]]: Deus e o meu dereito)
| himno_nacional = God Save the King
| ficheiro_himno_nacional = United States Navy Band - God Save the Queen.ogg
| capital = [[Londres]]
| capital_poboación = 7.825.200 (2010)
| cidade_principal = [[Londres]]
| idioma = [[lingua inglesa|Inglés]]{{Infobox ref|1}}
| goberno = [[Monarquía constitucional|Monarquía&nbsp;constitucional]]
| dirixentes_títulos = [[Monarquía británica|Monarca]]<br/>[[Primeiro Ministro do Reino Unido|Primeiro&nbsp;Ministro]]
| dirixentes_nomes = [[Carlos III do Reino Unido|Carlos III]]<br/>[[Rishi Sunak]]
| fundación = [[Historia do Reino Unido|Formación]]
| fundación_fitos = [[Lei de Unión (1707)]]<br/>[[Lei de Unión (1800)]]<br/>[[Tratado Angloirlandés]]
| fundación_datas = [[1 de maio]] de [[1707]]<br/>[[1 de xaneiro]] de [[1801]]<br/>[[12 de abril]] de [[1922]]
| superficie = 243&nbsp;610
| superficie_posto = 80
| superficie_auga = 1,34
| fronteiras = 3&nbsp;621
| costas = 2&nbsp;389
| poboación = 62&nbsp;041&nbsp;708
| poboación_ano = 2010 est.
| poboación_posto = 22
| poboación_densidade = 254,7
| PIB_nominal= 2&nbsp;247&nbsp;000 millóns [[Dólar estadounidense|US$]]
| PIB_nominal_ano = 2010
| PIB_nominal_posto = 6
| PIB_nominal_per_cápita = 36&nbsp;119 [[Dólar estadounidense|US$]]
| PIB = 2&nbsp;172&nbsp;000 millóns [[Dólar estadounidense|US$]]
| PIB_ano = 2010
| PIB_posto = 7
| PIB_per_cápita = 34&nbsp;919 [[Dólar estadounidense|US$]]
| IDH = 0,863
| IDH_ano = 2011
| IDH_posto = 28
| IDH_categoría = <font color="#009900">Moi alto</font>
| moeda = [[Libra esterlina]]
| moeda_símbolo = £
| moeda_iso = GBP
| xentilicio = Británico, británica
| horario = [[GMT]] ([[UTC]]+0)
| horario_verán = [[GMT|BST]] ([[UTC]]+1)
| cctld = [[.uk]]{{Infobox ref|2}}
| código_telefónico = 44
| prefixo_radiofónico = 2AA-2ZZ{{Infobox ref|3}}
| código_ISO = 826 / GBR / GB
| membro_de = [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]], [[OTAN]], [[ONU]], [[OCDE]], [[OSCE]], [[G-8]], [[Common Travel Area]]
| nota1 = Son tamén [[Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias|linguas rexionais recoñecidas]] o [[córnico]], o [[Lingua escocesa|escocés]], o [[Lingua escocesa|escocés do Ulster]], o [[lingua galesa|galés]], o [[Lingua irlandesa|irlandés]] e o [[Lingua gaélica escocesa|gaélico escocés]].
| nota2 = Segundo [[ISO 3166-1]] é .gb. Tamén se utiliza o [[.eu]] como en toda a [[Unión Europea]].
| nota3 = Ademais de GAA-GZZ, MAA-MZZ, VPA-VSZ, ZBA-ZJZ, ZNA-ZOZ, ZQA-ZQZ
}}
O '''Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte''' (en [[lingua inglesa|inglés]]: ''United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland''),<ref group="nota">No Reino Unido e as súas dependencias, outras linguas ademais do inglés son recoñecidas como linguas rexionais. Nalgunhas delas o nome oficial do Reino Unido é:<br/>
O '''Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte''' (en [[lingua inglesa|inglés]]: ''United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland''),<ref group="nota">No Reino Unido e as súas dependencias, outras linguas ademais do inglés son recoñecidas como linguas rexionais. Nalgunhas delas o nome oficial do Reino Unido é:<br/>
* En [[córnico]]: Rywvaneth Unys Breten Veur ha Kledhbarth Iwerdhon.
* En [[córnico]]: Rywvaneth Unys Breten Veur ha Kledhbarth Iwerdhon.

Revisión como estaba o 27 de novembro de 2023 ás 16:20

Modelo:Xeografía políticaReino Unido
United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland (en-gb) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King Editar o valor en Wikidata

Lema«Dieu et mon droit» Editar o valor en Wikidata
Epónimofusión Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°36′N 2°00′O / 54.6, -2
CapitalLondres Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación67.326.569 (2021) Editar o valor en Wikidata (277,64 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa (De facto) Editar o valor en Wikidata
Relixióncristianismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie242.495 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBen Nevis (1.344 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoThe Fens (en) Traducir (−4 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
29 de setembro de 1850Q2568366 Traducir
31 de agosto de 1997Morte de Diana, Princesa de Gales (pt) Traducir
7 de xullo de 2005Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno do Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataKeir Starmer (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Reino Unido , (Escano: 1.433) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSuprema Corte do Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal3.122.480.345.925 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.uk (mul) Traducir e .gb Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+44 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999 e 112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísGB Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-UKM Editar o valor en Wikidata
Código NUTSUK Editar o valor en Wikidata

Páxina webgov.uk Editar o valor en Wikidata
Pinterest: number10gov BNE: XX4575384 Editar o valor en Wikidata

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland),[nota 1] ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Á parte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel.

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado ao rei Carlos III. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero si forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguer preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial.

O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea (agora en proceso de saída. Véxase: Brexit) e a Mancomunidade Británica de Nacións.

Etimoloxía

O nome oficial do país[1] é Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), sendo Reino Unido a forma abreviada máis habitual. O nome foi proposto por primeira vez no Acta de Unión de 1707, na que os reinos de Inglaterra e Gales decidiron constituír un novo reino xunto con Escocia, o cal tería o nome de "Reino Unido de Gran Bretaña". Máis tarde, co Acta de Unión de 1800 a illa de Irlanda pasou a formar parte do país, polo que o nome cambiou a "Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda". En 1927, cando a República de Irlanda obtivo a súa independencia, o país obtivo o seu nome actual "Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte".

A miúdo é denominado polo nome da illa que comprende a maior parte do seu territorio, Gran Bretaña,[2] ou tamén, por extensión, polo nome dun dos seus países constituíntes, Inglaterra. O xentilicio do Reino Unido, así como o da illa de Gran Bretaña é británico, aínda que tamén por extensión, en galego, adóitase usar na fala corrente o xentilicio inglés.

Historia

Artigo principal: Historia do Reino Unido.

Antes de 1707

Véxase tamén: Historia de Inglaterra.

Os primeiros seres humanos anatomicamente modernos chegaron ao territorio no que hoxe se asenta o Reino Unido hai uns 30.000 anos. Ao final do período prehistórico británico, crese que a poboación pertencía, na súa meirande parte, a unha cultura chamada "céltica insular", que comprendía aos bretóns británicos e os gaels irlandeses. A conquista romana, a partir do ano 43 d.C., levou á creación da provincia romana de Britania, que durou 400 anos sur da illa. A era romana foi seguida por unha invasión de colonos xermánicos anglosaxóns, o que produciu que o territorio ocupado polos bretóns pasase a ser principalmente o que hoxe é Gales, emigrando no século V cara á Bretaña francesa e Galicia. A rexión poboada polos anglosaxóns unificouse como Reino de Inglaterra cara ao século X. Mentres tanto, o gaélico falantes do noroeste de Gran Bretaña (Dál Riata), con conexións co nordeste de Irlanda e, onde tradicionalmente se supón que emigraron no século V, uníronse aos pictos para crear o Reino de Escocia no século IX.

En 1066 os normandos invadiron Inglaterra e, despois da súa conquista, apoderáronse de gran parte de Gales e Irlanda, e asentáronse en Escocia, introducindo en cada país o modelo feudal do norte francés e a cultura franco-normanda. As elites normandas influenciaron moito ás culturas locais, aínda que tamén asimilando. Posteriormente os reis medievais ingleses completaron a conquista do País de Gales e fixeron unha tentativa, finalmente infrutuosa, de anexar Escocia. A partir de entón, os escoceses mantiveron a súa independencia, aínda que en constante conflito con Inglaterra. Os monarcas ingleses, a través da herdanza de importantes territorios en Francia e reclamación polo trono francés, estiveron tamén involucrados en conflitos en Francia, sendo o máis coñecido a Guerra dos Cen Anos.

A Idade Moderna viviu un conflito relixioso como resultado da Reforma e a introdución das igrexas protestantes estatais en cada país. Gales incorporouse totalmente no Reino de Inglaterra, e Irlanda constituíuse nun reino de unión persoal coa coroa inglesa. No territorio que no futuro se convertería en Irlanda do Norte, as terras da independente nobreza católica gaélica foron confiscadas e entregadas a colonos protestantes de Inglaterra e Escocia. En 1603, os reinos de Inglaterra, Escocia e Irlanda ficaron unidos baixo unha unión persoal, cando Xacobe VI, rei dos escoceses, herdou as coroas de Inglaterra e Irlanda, e trasladou a corte de Edimburgo a Londres. Porén, cada un dos países seguía a ser unha entidade política separada, mantendo as súas propias institucións políticas. Na segunda metade do século XVII, os tres reinos involucráronse nunha serie de guerras entre eles (incluíndo a Guerra Civil inglesa), que levaron ao derrocamento temporal da monarquía e o establecemento dunha república unitaria de curta duración, a Mancomunidade (Commonwealth) de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Con todo, a monarquía foi restaurada e, a diferenza de gran parte do resto de Europa, sen prevalecer o absolutismo real, grazas á Revolución Gloriosa. A Constitución Británica desenvólvese sobre a base dunha monarquía constitucional e un sistema parlamentario. Durante este período (en plena era dos descubrimentos), particularmente en Inglaterra, desenvolveuse un gran poder naval dirixido ao asentamento e a anexión de colonias de ultramar, sobre todo en América do Norte.

Despois da Lei de Unión de 1707

O 1 de maio de 1707, foi creado o Reino de Gran Bretaña coa unión política dos Reinos de Inglaterra e Escocia como resultado do Tratado de Unión asinado o 22 de xullo de 1706, e a súa ratificación polos parlamentos de ambos países, dando paso á o Acta de Unión de 1707, isto sucedeu nun tempo no que Escocia estaba na ruína económica; e a decisión foi pouco popular na ampla poboación escocesa. Os Reinos de Inglaterra e Escocia, xunto co Reino de Irlanda, xa compartían o mesmo rei dende a Unión das Coroas de 1603, cando Xacobe VI de Escocia herdou o reino inglés e irlandés, trasladando a súa corte dende Edimburgo a Londres.

No seu primeiro século, o Reino Unido xogou un importante rol no desenvolvemento das ideas occidentais do sistema parlamentario así como facendo importantes contribucións á literatura, ás artes e as ciencias. Ademais os británicos lideraron a Revolución Industrial, que transformou ao Estado alimentando ao crecente Imperio Británico. Durante este tempo o Reino Unido, ao igual que outras grandes potencias, estivo involucrado na explotación colonial, incluíndo o tráfico de escravos. Con todo, foi o propio Reino Unido uns dos pioneiros na prohibición do tráfico humano coa Acta para a Abolición do Comercio de Escravos de 1807. As colonias en América do Norte eran o principal foco da actividade colonial británica. Con todo, as súas perdas logo da guerra da independencia americana, dirixiron a súa ambición imperial a outras partes do mundo, especialmente nas Indias.

En 1800, en plena guerra contra Francia, os Parlamentos de Gran Bretaña e de Irlanda aprobaron unha Lei de Unión que unía aos dous reinos creando o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. A unión fíxose efectiva o 1 de xaneiro de 1801. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida sobre todo a problemas de seguridade.

Despois da derrota de Francia nas guerras revolucionarias e napoleónicas (1792-1815), o Reino Unido xurdiu como a principal potencia naval e económica do século XIX (con Londres como a cidade máis grande do mundo entre 1830 e 1930) manténdose como unha das primeiras potencias até mediado o século XX. Invicta no mar, Gran Bretaña adoptou o papel de policía global, un estado das cousas máis tarde coñecido como a Pax Britannica. Tamén foi un período de rápidos crecemento económico, colonial e industrial. Gran Bretaña foi descrita como o "taller do mundo", e o Imperio Británico expandiuse para incluír á India, gran parte de África, e moitos outros territorios en todo o mundo. Xunto co control formal que se exerce sobre as súas propias colonias, a posición dominante de Gran Bretaña no comercio mundial significou o seu control efectivo sobre a economía doutros moitos países, como a China, Arxentina e Tailandia. No plano interno, produciuse un cambio ao libre comercio. O país experimentou un aumento enorme poboación durante o século, acompañado dunha rápida urbanización, o que resultou en importantes tensións sociais e económicas. A finais do século, outros estados comezaron a desafiar o dominio industrial de Gran Bretaña.

O Reino Unido, xunto co Imperio Ruso, Francia e,despois de 1917, os Estados Unidos, foi unha das grandes potencias que se opuxeron ao Imperio Alemán e os seus aliados na primeira guerra mundial (1914-1918). Despois da contenda, o país sufriu un número estimado de dous millóns de mortes e terminou cunha enorme débeda nacional. Despois da guerra o Reino Unido recibiu o control da Liga das Nacións sobre as ex-colonias alemás e otomás, polo que o Imperio Británico ampliouse até a súa maior extensión, que abarcaba unha quinta parte da superficie mundial e un cuarto da súa poboación. Con todo, o auxe do nacionalismo irlandés e as disputas sobre os termos da Acta de Goberno de Irlanda, nos termos da autonomía irlandesa, levaron finalmente á partición da illa en 1921, no independente Estado Libre Irlandés e en Irlanda do Norte, parte do Reino Unido. Como resultado disto a nomenclatura do Reino Unido foi cambiada en 1927 adoptando o actual nome do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. A Gran Depresión (1929-1932) produciuse nun momento no que o Reino Unido aínda estaba lonxe de recuperarse dos efectos da guerra, o que levou a unha inestabilidade política e social.

O Reino Unido foi unha das principais forzas dos aliados na segunda guerra mundial. Despois da derrota dos seus aliados europeos no primeiro ano da guerra, o Reino Unido continuou loitando contra Alemaña, sobre todo na batalla de Inglaterra e na do Atlántico. Despois da vitoria, o Reino Unido foi un dos tres grandes poderes que se reuniron para planear o mundo da posguerra. A guerra deixou de novo ao Reino Unido financeiramente danado. Con todo, a axuda do Plan Marshall e os préstamos dos Estados Unidos e o Canadá, axudaron aos británicos a comezar a súa recuperación.

O goberno laborista dos primeiros anos da posguerra iniciou un programa radical de cambios que tiveron un impacto significativo na sociedade británica durante as seguintes décadas. No plano interno, as principais industrias e empresas de servizos públicos foron nacionalizadas, foi establecido un estado social, cun amplo sistema de financiamento público da saúde. En resposta á aparición de nacionalismos locais, iniciouse unha política de descolonización coa concesión da independencia á India e Paquistán en 1947. Durante o próximas tres seguintes décadas a moitos dos territorios do Imperio obtiveron a súa independencia, e algúns convertéronse en membros soberanos da Mancomunidade Británica de Nacións.

A pesar dos novos límites da posguerra, o papel político de Gran Bretaña foi ilustrado na Crise de Suez de 1956, con todo, o Reino Unido, converteuse nun dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e foi o terceiro país en desenvolver un arsenal de armas nucleares coa súa primeira proba da bomba atómica en 1952. A difusión internacional da lingua inglesa asegurou tamén a continuación da influencia internacional da súa literatura e a cultura, mentres que dende a década de 1960 a súa cultura popular tamén se atopa a influenciada polo resto de culturas do mundo. Como resultado dunha escaseza de traballadores na década de 1950, o goberno británico animou a inmigración procedente de países da Commonwealth, transformando así ao Reino Unido nunha sociedade multi-étnica nas seguintes décadas. En 1973, o Reino Unido uniuse á Comunidade Económica Europea, e cando a CEE se converteu na Unión Europea en 1992, foi un dos seus doce membros fundadores. Dende a década de 1960 Irlanda do Norte sufriu a violencia entre comunidades e os grupos paramilitares, que ás veces afectando a outros lugares doo Reino Unido e a República de Irlanda. Polo xeral considérase que o conflito armado terminou co Acordo do Venres Santo de Belfast en 1998.

Tras un período de desaceleración económica mundial e loita industrial na década de 1970, o goberno conservador da década de 1980, con Margaret Thatcher como Primeira Ministra, iniciou unha política radical de liberalización, especialmente do sector financeiro, mercados de traballo flexibles, venda de empresas estatais (privatización), e a eliminación dos subsidios. Asistido por, a partir de 1984, pola afluencia de importantes ingresos do Mar do Norte, o Reino Unido experimentou un período de importante crecemento económico. A finais do século XX houbo cambios importantes no goberno do Reino Unido co establecemento de administracións nacionais descentralizadas en Irlanda do Norte, Escocia e Gales, e a incorporación estatuaria da Convención Europea de Dereitos Humanos. Na década de 2000 destacou a controversia xerada ao redor de despregamentos militares no estranxeiro, especialmente de Iraq e Afganistán.

Xeografía

A superficie total do Reino Unido é de aproximadamente 243.610 quilómetros cadrados,[3] ocupando a meirande parte do arquipélago das Illas Británicas, incluíndo a illa de Gran Bretaña, un sexto da illa de Irlanda, ao nordeste da mesma, xunto con outras illas próximas de menor tamaño. Está situado entre o océano atlántico norte e o Mar do Norte, a 35 km da costa norte de Francia, da cal está separada pola Canle da Mancha. No ano 1993 o 10% da superficie do Reino Unido estaba cuberta por fragas, o 46% por pastos e o 25% era de uso agrario.

O Reino Unido atópase entre as latitudes 49° e 61° N, e lonxitudesW e 2° E. O Royal Greenwich Observatory, situado preto da cidade de Londres, é o punto definitorio do Meridiano de Greenwich. En canto a fronteiras terrestres, Irlanda do Norte limita durante 360 quilómetros coa República de Irlanda. A lonxitude da costa de Gran Bretaña é de 17.820 quilómetros. Esta illa está conectada con Europa continental grazas ao Eurotúnel, que parte de Folkestone (preto de Dover) até chegar a Coquelles (preto de Calais), esta obra de enxeñaría ten unha lonxitude de 50 km, 38 deles baixo a auga, que fan que sexa o túnel submarino máis longo do mundo.

Inglaterra representa máis da metade da superficie total do Reino Unido, abarcando 130.395 quilómetros cadrados. A maioría do país está formado por terras baixas, con areas montañosas cara ao noroeste, incluíndo as montañas de Cumbria do Lake District, os Peninos e os outeiros de pedra calcaria do Peak District, Exmoor e Dartmoor. Os principais ríos e esteiros son o Támese, o Severn e o Humber. A montaña máis alta de Inglaterra é o Scafell Pike (978 msnm) no Lake District. Outros ríos importantes son o Tees, o Tyne, o Tweed, o Avon, o Exe e o Mersey.

Escocia representa un pouco menos dun terzo da superficie total do Reino Unido, cubrindo 78.772 quilómetros cadrados, e entre eles case 800 illas, principalmente ao oeste e ao norte da illa principal, as máis destacadas son as Hébridas, as Órcadas e as Shetland. O principal trazo característico da topografía escocesa é a falla xeolóxica das Highlands que atravesa o país dende Arran, ao oeste, até Stonehaven, ao leste. Está liña da falla separa dúas rexións claramente diferenciadas: as terras altas ao norte e ao oeste (Highlands) e as terras baixas do sur e do leste (Lowlands). As terras altas, a rexión máis agreste, contén a maioría das terras montañosas, incluíndo o Ben Nevis, que con 1.343 msnm é o punto máis alto das Illas Británicas. As terras baixas, en especial a estreita franxa entre os estuarios de Clyde e o Forth, coñecida como o Central Belt, é o lugar de residencia da maioría da poboación, incluída a cidade de Glasgow, cidade máis poboada de Escocia, e Edimburgo, a súa capital.

Gales abrangue menos dunha décima parte da superficie total do Reino Unido, cubrindo 20.779 quilómetros cadrados. A súa orografía é principalmente montañosa, aínda que menos no sur que no centro e o norte. A meirande parte da poboación e as principais zonas industriais atópanse no sur, onde están as cidades costeiras de Cardiff, Swansea e Newport. As montañas máis altas de Gales están en Snowdonia, incluíndo o Snowdon (en galés: Yr Wyddfa), que con en 1.085 msnm é o pico máis alto do país. As catorce, ou quizais quince, montañas galesas de máis de 3.000 pés (914 m) de altitude coñécense colectivamente como os Welsh 3000s. Gales ten máis de 1.200 quilómetros de costa. Hai varias illas fronte á parte continental de Gales, sendo a maior Anglesey (en galés: Ynys Môn) ao noroeste.

Irlanda do Norte, abrangue tan só 14.160 quilómetros cadrados e é principalmente montañosa. Dentro do territorio atópase o lago Neagh que, cunha superficie 388 quilómetros cadrados, é o lago máis grande das Illas Británicas por área. O pico máis alto de Irlanda do Norte é o Slieve Donard, nas montañas de Mourne, cunha altitude de 852 metros.

Clima

O clima do Reino Unido é oceánico,[4] temperado con verán suave (clasificación climática de Köppen: Cfb), invernos frescos e abundantes precipitacións durante todo o ano. Os principais factores que influencian o clima do país son a súa latitude setentrional (que vai dende os 50º N até os 60º N), a súa situación no océano Atlántico e as altas temperaturas das augas ao seu ao redor debido á corrente do Golfo. Aínda que o tempo pode trocar notablemente dun día para o outro, a súa oscilación térmica ao longo do ano é relativamente escasa. O punto de converxencia entre as correntes de aire cálido procedente do trópico e as correntes de aire frío do Polo Norte sitúase sobre o Reino Unido. Esta variación da temperatura da atmosfera crea inestabilidade, sendo este o principal factor que determina que o tempo sexa tan cambiante.

Os climas rexionais do Reino Unido están influenciados polo océano e pola súa latitude. Irlanda do Norte, Gales e a parte oeste de Inglaterra e Escocia, máis próximos ao Atlántico, son xeralmente rexións máis mornas, húmidas e ventosas, sendo os rangos de temperaturas xeralmente máis extremos. A zona oriental adoita ser máis seca, fresca e menos ventosas, aínda que tamén experimenta maiores variacións diarias e estacionais de temperatura. A zona norte é xeralmente máis fresca, húmida e cun menor rango de temperaturas que as do sur.

Aínda que todo o Reino Unido está maiormente baixo influencia de masas de aire marítimas tropicais do suroeste, algunhas rexións son máis susceptibles que outras cando diferentes frontes de masas de aire afectan o país: Irlanda do Norte e o oeste de Escocia son as máis expostas ás masas de aire marítimo polar que trae aire fresco húmido; o leste de Escocia e o noroeste de Inglaterra están máis expostas a masas de aire continental polar que trae aire frío e seco; o sur e sueste de Inglaterra están máis expostos a masas de aire continental tropical que trae aire morno e seco; Gales e o suroeste de Inglaterra son os máis expostos a masas de aire marítimo tropical que trae aire cálido e húmido.

Organización territorial

A organización territorial británica é complexa e moi variada,[5] xa que cada un dos catro países constituíntes -Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte- ten o seu propio sistema de demarcación xeográfica e administrativa con orixes anteriores á unión entre eles. En consecuencia, non hai "ningunha unidade administrativa en común entre os integrantes do Reino Unido". Até o século XIX realizáronse poucos cambios nestas administracións, mais dende entón houbo unha evolución constante do seu papel e función. O troco non ocorreu de xeito uniforme nas nacións constitutivas, e a devolución do poder sobre a administración local a Escocia, Gales e Irlanda do Norte, fai que sexa pouco probable que os cambios administrativos futuros sexan uniformes.

Tras o proceso de Devolution ou descentralizador que se vén levando acabo dende finais dos anos 90, Escocia, Gales e Irlanda do Norte teñen as súas propias asembleas lexilativas e os seus gobernos autónomos do poder do Parlamento británico, se ben cada unha destas nacións cun grao diferente se autonomía e competencias. Namentres, Inglaterra permanece toda ela baixo o poder do Parlamento británico.

A organización do goberno local en Inglaterra é complexa, debido ao feito de que a distribución de funcións varía de acordo ás disposicións locais. A lexislación local, leva a cabo polo Parlamento británico e o goberno do Reino Unido, porque Inglaterra non conta cun parlamento descentralizado. O nivel superior das subdivisións de Inglaterra son nove oficinas rexionais de goberno. Dende 2000, a rexión de Londres conta cunha asemblea electa e cun alcalde, despois do grande apoio dado a dita proposta no referendo de Londres de 1998. Pretendíase que as outras rexións tamén contasen coa súa propia asemblea rexional, pero o rexeitamento a esta idea nun referendo realizado en 2004 na rexión Nordeste de Inglaterra detivo a reforma. Por baixo do nivel da rexión, Londres confórmase por trinta e dous municipios e o resto de Inglaterra ten consellos de distrito e deputacións ou autoridades unitarias. Os concelleiros son elixidos por sufraxio directo, mediante voto sinxelo ou por bloque.

O pobo de Escocia está representado no parlamento escocés que escolle ao seu goberno que conta cunha ampla autonomía. O goberno local de Escocia divídese en 32 áreas de consellos,[6] que teñen unha ampla variación tanto en tamaño como en poboación. As cidades de Glasgow, Edimburgo, Aberdeen e Dundee son áreas de consello especiais, así como a área de consello de Highland, que inclúe unha terceira parte da superficie de Escocia, mais só pouco máis de 200.000 persoas. O poder conferido ás autoridades locais é administrado polos concelleiros elixidos, que son actualmente 1.222. As eleccións lévanse a cabo por voto único transferible, mediante eleccións en bloque de tres ou catro concelleiros. Cada Consello elixe a un Administrador ou un Coordinador Xeral para presidir as reunións do Consello e para actuar como o representante da zona. Os concelleiros están suxeitos a un código de conduta imposto pola Comisión de Normas para Escocia. A organización representante dos funcionarios locais é a Convención de Autoridades Locais Escocesas (COSLA).

Pola súa banda Gales ten unha autonomía menor que a escocesa pois non foi ata 2011 cando a Asemblea de Gales tivo competencia lexislativa algunha, porén, nas últimas reformas lexislativas o parlamento británico foi achegando o nivel de competencias da asemblea galesa ás do parlamento escocés.

Desde 1973, o goberno local en Irlanda do Norte organízase en vinte e seis consellos de distrito, onde se celebran eleccións de voto único transferible, para elixir representantes con poderes limitados a servizos, como a recolección de residuos e o mantemento de parques e lugares públicos. Con todo, o 13 de marzo de 2008, o poder executivo propuxo a creación de once consellos novos para substituír o sistema, o que levou a postergar as eleccións locais até o 2011 para facilitar o proceso. Por último, o goberno local en Gales consta de vinte e dúas autoridades unitarias, incluíndo as cidades de Cardiff, Swansea e Newport, que son autoridades unitarias independentes. As eleccións celébranse cada catro anos por sufraxio directo. A Asociación do Goberno Local de Gales representa aos intereses das autoridades locais galesas.

Territorios de Ultramar e Dependencias

Os Territorios Británicos de Ultramar son catorce territorios dependentes do Reino Unido, pero que non conforman parte del. Principalmente, trátase de pequenas illas pouco poboadas que representan os vestixios do antigo Imperio británico. Xuntos, representan unha área que supera os 1.728.000 km² e unha poboación de aproximadamente 260.000 persoas. Con todo, un deles, o Territorio Antártico Británico, só é recoñecido por outro catro países, os signatarios do Tratado Antártico.

Territorio Poboación Superficie (km²) Densidade Capital
Akrotiri e Dhekelia 14.500 254 57,1 Episkopi
Anguila 13.600 91 132 The Valley
Bermudas 64.268 53,2 1.275 Hamilton
Illas Caimán 54.878 264 212 George Town
Illas Malvinas 3.140 12.173 0,26 Stanley
Illas Pitcairn 67 47 1,27 Adamstown
Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur 30 3.903 0,005 Grytviken
Illas Virxes Británicas 27.800 153 260 Road Town
Illa Montserrat 5.879 102 57,6 Plymouth
Santa Helena 5.661 420 13,4 Jamestown
Territorio Antártico Británico 250 1.709.400 0,0001 Rothera
Territorio Británico do Océano Índico 4.000 54.400 58,3 Diego García
Turks e Caicos 44.819 430 104 Cockburn Town
Xibraltar 29.431 6,8 4.328 Xibraltar

As Dependencias da Coroa británica son tres territorios semi-dependentes do monarca do Reino Unido, pero que tampouco forman parte do país. A diferenza dos territorios de ultramar, a lexislación e outros asuntos de interese local corresponden a unha asemblea lexislativa local; ademais, os tratados internacionais e as normas de carácter nacional só son aplicadas se son aprobadas por esta asemblea. Estas dependencias ocupan preto de 779 km² e teñen unha poboación de máis de 235.700 habitantes.

Dependencia Poboación Superficie (km²) Densidade Capital
Guernesey 65.573 78 836,3 Saint Peter Port
Jersey 97.857 116 797 Saint Helier
Illa de Man 84.655 572 140 Douglas

Política

Artigo principal: Política do Reino Unido.
Palacio de Westminster, sede do Parlamento.

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria coa Sabela II do Reino Unido como xefe de Estado. O monarca do Reino Unido tamén é o xefe de Estado doutros quince países que forman parte da Mancomunidade das Nacións. A coroa británica tamén ten soberanía sobre a Illa de Man e as bailías de Jersey e Guernsey. Colectivamente, estes tres territorios son coñecidos como Dependencias da Coroa, que están baixo a soberanía do monarca británico, pero non forman parte do Reino Unido, nin tampouco da Unión Europea. Con todo, o Parlamento do Reino Unido ten a autoridade para lexislar nelas, e o Goberno británico encárgase da súa defensa e relacións exteriores.

O seu modelo constitucional baséase, ante todo, no chamado Dereito Estatutario (Statute Law) cuxa elaboración é idéntica ás leis ordinarias e só se diferencian, e acadan o carácter de constitucionais, por razón da materia que tratan. A outra fonte importante é a xurisprudencia. Gran Bretaña é a terra de orixe do sistema xurídico chamado Common Law.

Con todo, o goberno efectivo corresponde a un Gabinete dirixido polo Primeiro Ministro, quen en teoría son designados pola Raíña, con todo na práctica son elixidos pola Cámara dos Comúns. O Gabinete ten responsabilidade ante esta cámara.

O Poder Lexislativo reside no Parlamento, o cal é bicameral e está composto por dúas asembleas, a Cámara dos Comúns, composta por membros electos popularmente, e a Cámara dos Lores, composta por membros de dereito propio.

En canto ao poder xudicial, aínda que non existe unha Corte Suprema, as funcións de vixilancia dos órganos xurisdicionais son asumidas polos Lores Maxistrados pertencentes á Cámara dos Lores.

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Reino Unido firmou ou ratificou:

Reino Unido Reino Unido Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[7]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[8] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[9] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[10] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[11]
Pertenza Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Reino Unido recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Economía

Artigo principal: Economía do Reino Unido.
Londres é o meirande centro financeiro europeo e o terceiro xunto Nova York e Toquio.[12]

O Reino Unido é unha das principais nacións industriais e comerciais do mundo. En termos do seu produto interior bruto (PIB), é o quinto no mundo logo dos Estados Unidos, o Xapón, Alemaña e a China, xunto con Francia. En 2006 o PIB do Reino Unido foi de 2,4 billóns de dólares, o que equivale a 41.500 dólares per cápita.

Trala segunda guerra mundial e a perda progresiva das colonias, o país retomou o rumbo como potente economía mantendo unha dobre alianza que dura ata os nosos días: non perdeu a súa mirada económica sobre Europa, pero ao mesmo tempo reforzou as súas relacións comerciais cos Estados Unidos que tralo conflito exerce como primeira potencia mundial. Este papel económico permitiulle manter un sólido e constante desenvolvemento ao longo da segunda metade do século XX.

Como en todos os países altamente desenvolvidos, os principais factores en contra da economía do Reino Unido represéntano os altos salarios e a forte presenza nos sectores de manufacturas e industria pesada dos países emerxentes, sobre todo China (Taiwán), India e Corea do Sur.

O petróleo e o gas do mar do Norte suplen as necesitades enerxéticas do Reino Unido.

A agricultura representa tan só o 1% do PIB e está fortemente mecanizada. Na industria, as principais actividades son a maquinaria, o material de transporte (vehículos, ferrocarrís e maila aeronáutica) e os produtos químicos. Na minería as tradicionais minas de carbón situadas en Yorkshire, Gales, Escocia e Lancashire forneceron ás centrais térmicas británicas a achegando a enerxía necesaria para o desenvolvemento económico. Co petróleo descuberto en 1970 no Mar do Norte é o segundo produtor europeo tras Noruega. O sector servizos é o que máis aporta ao PIB do país, destacando entre eles a Bolsa e os servizos financeiros banca e compañías de seguros.

Malia estaren integrado na UE, o chamado "euroescepticismo" tradicional dos británicos manteno fóra da eurozona, sendo divisa do país a libra esterlina. Existiu un compromiso do exprimeiro ministro Tony Blair para celebrar un referendo que determinase se o Reino Unido se integraba ou non na moeda única.

Demografía

Artigo principal: Demografía do Reino Unido.

Poboación, emigración e etnicidade

As poboacións e a porcentaxe total das catro nacións que compoñen o Reino Unido.

O censo británico do mes de abril de 2001, achegaba unha poboación total no Reino Unido de 58.789.194, sendo o terceiro país máis poboado da Unión Europea (despois de Alemaña e Francia), o quinto na Commonwealth e o vixésimo primeiro do mundo. A mediados do ano 2006, a poboación subira ata chegar aos 60.587.300.[13] Este crecemento foi debido, en parte á inmigración e ao crecemento da taxa de natalidade e a esperanza de vida dos británicos.[14]

A mediados de 2006, a poboación de Inglaterra estimábase nuns 50.762.900 de habitantes, constituíndo un dos países máis densamente poboados do mundo, con 383 habitantes por quilómetro cadrado.[15] Aproximadamente un cuarto da poboación do RU vive na próspero sueste de Inglaterra predominantemente urbano e semiurbano,[16] dos cales 7.517.700 viven na capital, Londres.[17]

O censo de mediados de 2006, estimou que Escocia tiña unha poboación de 5.116.900, Gales 2.965.900 e Irlanda do Norte 1.741.600[18] países cunha densidade moito menor ca Inglaterra. Comparando as densidades de poboación: en Inglaterra habitan 383 hab./km², fronte aos 142 de Gales, os 125 de Irlanda do Norte e os 65 de Escocia.

No ano 2007, a taxa media de fertilidade ao longo do RU era de 1,90 fillos por muller.[19] Mentres co crecemento da fertilidade está a elevar a poboación do país, as taxas de fecundidade seguen por baixo do 2,1 necesario para a substitución xeracional, aínda así as cifras superan o récord rexistrado no ano 2001 cando a taxa era do 1,63.[19] Inglaterra e Gales teñen respectivamente taxas de 1,92 e 1,90. Escocia posúe a menor taxa de fecundidade con 1,73 fillos por muller, mentres Irlanda do Norte posúe a maior con 2,02 fillos por muller.[19] Durante os anos 60 o RU viviu un baby boom chegando a taxa aos 2,95 fillos por muller en 1964.[19] A taxa de fecundidade e maior entre as mulleres nadas no estranxeiro cá entre as británicas, malia seren as taxas das derradeiras as que están medrando no últimos anos.[19]

Cidades máis poboadas (2001)

Listaxe Cidade País constituínte Pob. Listaxe Cidade País constituínte Pob.

London
Londres
Birmingham
Birmingham

1 Londres Inglaterra 7.172.091 11 Coventry Inglaterra 303.475
2 Birmingham Inglaterra 970.892 12 Kingston upon Hull Inglaterra 301.416
3 Glasgow Escocia 629.501 13 Bradford Inglaterra 293.717
4 Liverpool Inglaterra 469.017 14 Cardiff Gales 292.150
5 Leeds Inglaterra 443.247 15 Belfast Irlanda do Norte 276.459
6 Sheffield Inglaterra 439.866 16 Stoke-on-Trent Inglaterra 259.252
7 Edimburgo Escocia 430.082 17 Wolverhampton Inglaterra 251.462
8 Bristol Inglaterra 420.556 18 Nottingham Inglaterra 249.584
9 Manchester Inglaterra 394.269 19 Plymouth Inglaterra 243.795
10 Leicester Inglaterra 330.574 20 Southampton Inglaterra 234.224
Censo 2001

Grupos étnicos

Os actuais británicos descenden da mestura de diversos poboacións que se instalaron nas illas no pasado, principalmente preceltas, celtas, romanos, anglosaxóns e normandos. A partir de 1945, o país recibiu grandes continxentes de persoas provenientes das antigas colonias británicas de África, o Caribe e Asia meridional. A partir do ano 2004 o país recibiu grandes fluxos de inmigrantes da Europa central e do leste, aínda que, dende o ano 2008 esta tendencia estase revirtindo.[20] No censo británico de 2001, o 92,1% da poboación identificábase como branca, identificándose o 7,9% restante[21] como minoría étnica ou raza mixta.

Grupo étnico Poboación % do total*
Brancos 54.153.898 92,1%
Multirracial 677.117 1,2%
Indios 1.053.411 1,8%
Paquistaníes 747.285 1,3%
Bangladeshíes 283.063 0,5%
Outros asiáticos (non chineses) 247.644 0,4%
Negros do caribe 565.876 1,0%
Africanos 485.277 0,8%
Negros (outros) 97.585 0,2%
Chineses 247.403 0,4%
Outros 230.615 0,4%
* Porcentaxe da poboación do Reino Unido

A diversidade étnica varía moito segundo o lugar do Reino Unido. O 30,4% da poboación de Londres[22] e o 37,4% de Leicester [23] pertencía a un grupo étnico distinto do branco segundo o censo de xuño de 2005, mentres menos do 5% da poboación de nordeste de Inglaterra, Gales e o suroeste de Inglaterra pertencía a unha minoría étnica.[24] Segundo o censo de 2007, o 22% dos estudantes de primaria e o 17,7% de secundaria asistentes a escolas públicas en Inglaterra, pertencían a minorías étnicas.[25][26]

Linguas

Países onde o inglés tem status de lingua oficial de facto ou de jure.

Aínda que o Reino Unido non teña unha lingua oficial de iure, a lingua máis falada é o inglés, unha lingua xermánica occidental descendente do inglés antigo e que posúe un importante sustrato do noruegués antigo, francés normando e do latín. A lingua inglesa foi espallada polo mundo (principalmente debido ao Imperio Británico) e tornouse a lingua franca contemporánea. En todo o mundo, é falada por máis de 508,000,000 millóns de falantes coma segunda lingua.[27]

As outras linguas indíxenas do Reino Unido son: 1) o chamado escocés (moi próximo ao inglés, os lingüistas debaten se consideralo un dialecto ou unha lingua de seu). 2) catro linguas celtas: divídense en dous grupos: as linguas P-celtas e as Q-celtas. No primeiro grupo achamos o galés (declarado oficial en Gales pola Asemblea nacional de Gales, é a lingua céltica máis falada no Reino Unido) e tamén o córnico (lingua morta no século XIX do que se están a facer esforzos para recuperala); e entre as Q-celtas están p irlandés (falado de forma moi minoritaria na Irlanda do norte) e o gaélico escocés (antigamente falado en toda Escocia, mais na actualidade atópase restrinxido ás Highlands e ás illas Hébridas). No norte de Inglaterra aínda pervive a influencia da extinta lingua cúmbrica, falada na zona hai séculos, sendo empregada aínda como sistema para contar as ovellas (vexa Yan Tan Tethera). No censo de 2001 máis dun quinto (21%) da poboación do País de Gales dicía poder falar o galés,[28] o que constitúe un crecemento no número de falantes fronte o censo de 1991 (18%).[29] No resto do país existen uns 200.000 falantes do galés, principalmente en Inglaterra.[30]

Estrada bilingüe en Gales.

O galés e mailo gaélico escocés tamén son falados por pequenas comunidades noutras partes do mundo, entre estas comunidades destacan a de Nova Escocia (Canadá), onde se fala o gaélico escocés, e a da Patagonia (Arxentina), onde hai unha activa comunidade galesa.

As linguas dos inmigrantes son faladas polo 10% da poboación do Reino Unido, o francés é falado polo 2,3% da poboación, o 1,0% fala o polaco reflexo da recente inmigración polaca ao Reino Unido. O 0,9% falan o alemán e o 0,8% o castelán. A maioría das outras linguas estranxeiras faladas no Reino Unido son orixinarías de Europa, Asia e África. A maior parte dos inmigrantes que viven no Reino Unido proveñen de países anglófonos (tales como Nixeria, Xamaica, Hong Kong e Filipinas), motivo polo cal non hai unha gran diversidade lingüística entre algunhas comunidades de minorías étnicas do país.

Ao longo do Reino Unido, é xeralmente obrigatorio para os rapaces o estudo dunha segunda lingua ata os 14 anos en Inglaterra e os 16 anos en Escocia. O francés e o alemán son as dúas segundas linguas máis faladas nos países de Inglaterra e Escocia, mentres có galés é a segunda lingua principal no País de Gales. Segundo unha enquisa do 2003, o 89 % dos británicos posúe un nivel básico de francés, mentres có 23 % pode manexarse no alemán. Outras linguas que populares no país son o castelán, 7 %, e o ruso, 0,5 %.

Notas

  1. No Reino Unido e as súas dependencias, outras linguas ademais do inglés son recoñecidas como linguas rexionais. Nalgunhas delas o nome oficial do Reino Unido é:
    • En córnico: Rywvaneth Unys Breten Veur ha Kledhbarth Iwerdhon.
    • En escocés: Unitit Kinrick o Great Breetain an Northren Irland.
    • En gaélico escocés: Rìoghachd Aonaichte na Breatainne Mòire is Èireann a Tuath.
    • En galés: Teyrnas Unedig Prydain Fawr a Gogledd Iwerddon.
    • En irlandés: Ríocht Aontaithe na Breataine Móire agus Thuaisceart Éireann.
  1. "The Treaty of Union". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2014. Consultado o 06 de novembro de 2010. 
  2. "Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2010. 
  3. "Reino Unido, [[The World Factbook]]". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 08 de marzo de 2012. 
  4. "UK climate summaries". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  5. Consello Económico e Social das Nacións Unidas
  6. "STV in Scotland: Local Government Elections 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  7. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  8. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  9. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  10. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  11. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  12. City of London (ed.). "London's place in the UK economy, 2005–06" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2006. Consultado o 2008-03-11. 
  13. UK population approaches 60 million
  14. Rising birth rate, longevity and migrants push population to more than 60 million
  15. Population National Statistics
  16. Census 2001: South East Office for National Statistics
  17. All people population: City of London
  18. UK population grows to 60.6 million National Statistics Online, Population estimates
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Fertility: Rise in UK fertility continues Office for National Statistics
  20. 'Why I left UK to return to Poland', BBC News
  21. Ethnicity: 7.9% from a non-White ethnic group Office for National Statistics
  22. "Resident population estimates by ethnic group (percentages): London Office for National Statistics". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 05 de outubro de 2008. 
  23. "Resident population estimates by ethnic group (percentages): Leicester Office for National Statistics". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 05 de outubro de 2008. 
  24. title=Census 2001 - Ethnicity and religion in England and Wales Office for National Statistics
  25. "Schools and Pupils in England, January 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de outubro de 2008. 
  26. "One fifth of children from ethnic minorities The Daily Telegraph". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2008. Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  27. English language
  28. http://www.statistics.gov.uk/CCI/nugget.asp?ID=447&Pos=6&ColRank=1&Rank=192
  29. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2004. Consultado o 22 de xullo de 2004. 
  30. O galés hoxe segundo o Prof. Peter Wynn Thomas www.bbc.co.uk

Véxase tamén

Outros artigos