Aleixo III Anxo: Diferenzas entre revisións
m Reemplazos con Replacer: «carnicería» |
m Reemplazos con Replacer: «cara o» |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
{{Biografía}} |
||
'''Aleixo III Anxo''' (en grego: Αλέξιος Γ' Άγγελος o Alexios III Angelos), nado cara |
'''Aleixo III Anxo''' (en grego: Αλέξιος Γ' Άγγελος o Alexios III Angelos), nado cara ao [[1153]] e finado en [[1211]], foi un [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]], segundo fillo de Andrónico Anxo, sobriño de [[Aleixo I Comneno]]. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
Revisión actual feita o 12 de marzo de 2024 ás 20:58
Nome orixinal | (grc) Ἀλέξιος Κομνηνός Ἄγγελος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1153 (Gregoriano) |
Morte | 1211 (Gregoriano) (57/58 anos) İznik, Turquía (pt) |
Emperador bizantino | |
marzo de 1195 – 17 de xullo de 1203 ← Isaac II Anxo – Isaac II Anxo, Aleixo IV Anxo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastía Anxo |
Cónxuxe | Eufrósine Ducaina Camaterina |
Fillos | Irene Angelina, Eudóxia Angelina, Ana Angelina |
Pais | Andrónico Ângelo e Euphrosyne Kastamonitissa |
Irmáns | Isaac II Anxo |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Encyclopædia Britannica |
Aleixo III Anxo (en grego: Αλέξιος Γ' Άγγελος o Alexios III Angelos), nado cara ao 1153 e finado en 1211, foi un emperador bizantino, segundo fillo de Andrónico Anxo, sobriño de Aleixo I Comneno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1195, mentres o seu irmán Isaac II estaba de cacería en Tracia, Aleixo foi proclamado emperador polas tropas. Capturou a Isaac en Estáxira, en Macedonia, e desde entón mantívoo preso, malia que o seu irmán o liberou da súa prisión en Antioquía e lle outorgou moitos honores.
En compensación por este crime, e para asegurarse no seu posto como emperador, Aleixo tivo que repartir diñeiro con tanta liberalidade que chegou a baleirar o tesouro imperial, e concedeu tantos permisos aos oficiais do exército que case deixa indefenso o Imperio. Así consumou a ruína financeira do Estado. A capaz e activa emperatriz Eufrosina Ducas Camaterina intentou en balde manter o seu crédito e a súa corte; pero Vatatzes, o instrumento favorito dos seus intentos de reforma, foi asasinado por orde do propio emperador.
Polo leste, o Imperio estaba sendo invadido polos turcos selxúcidas; polo norte, os búlgaros e os valacos baixaban sen oposición a saquear as chairas de Macedonia e Tracia; mentres tanto, Aleixo malgastaba o tesouro público nos seus palacios e xardíns. Pronto vería chegar ao ameaza dun novo e máis temible perigo. En 1202 os príncipes occidentais que participaban na Cuarta Cruzada congregáronse en Venecia dispostos a iniciar unha nova cruzada. Aleixo, o fillo do deposto Isaac, escapara de Constantinopla e pediu axuda aos cruzados, prometéndolles, a cambio do seu apoio para destronar ao seu tío, o fin do cisma entre o Leste grego e o Oeste latino.
Os cruzados, que ata entón tiveran Exipto como obxectivo, decidiron cambiar a súa ruta e dirixirse a Constantinopla, ante a cal apareceron en xuño de 1203. Proclamaron emperador a Aleixo, como Aleixo IV tras convocaren aos cidadáns para que depuxesen ao seu tío. Aleixo III, atafegado, non tomou ningunha medida para resistir. O seu xenro, Teodoro Láscaris, que foi o único que intentou resistir, foi derrotado en Scutari, e así deu comezo o sitio de Constantinopla. O 17 de xullo, os cruzados, liderados polo ancián Dogo de Venecia Enrico Dandolo, escalaron as murallas e tomaron a cidade, saqueándoa. Durante a loita e carnizaría que seguiu, Aleixo escondeuse no palacio, para, finalmente, cunha das súas fillas, Irene, e todos os tesouros que puido recompilar, fuxir nun bote e escapar a Develton en Tracia, deixando á súa muller, as súas demais fillas e o seu Imperio aos invasores. Isaac, sacado da súa prisión e investido de novo coa púrpura imperial, recibiu ao seu fillo Aleixo IV.
Pouco despois, Aleixo III, coa axuda de Murzuflo (o futuro Aleixo V Ducas), intentou recuperar o trono. Pero o intento non tivo éxito e, tras percorrer Grecia, rendeuse, xunto con Eufrosina (que mentres tanto se reuniu con el), a Bonifacio de Montferrato, que entón dominaba gran parte da península balcánica (o que formaba o Reino de Tesalónica). Tras deixar a súa protección, buscou axuda en Miguel I Ducas, déspota de Epiro, e despois viaxou a Asia Menor, onde o seu xenro Láscaris se acababa de establecer para resistir aos latinos.
Aleixo, aliado a Kay Khusrau I, o sultán de Rüm (tamén coñecido como sultán de Iconio ou Konya) esixiu a coroa de Láscaris, e ante o rexeitamento deste, marchou contra el. Pero Láscaris derrotouno e fíxoo prisioneiro. Aleixo foi enviado a un mosteiro en Nicea, onde morreu en data indeterminada.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Isaac II Anxo |
Aleixo III Anxo | Precede a: Aleixo IV Anxo |
Dinastía Anxo |