Saltar ao contido

Navalla (molusco): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m +hu:, -en:, nl:
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Peixe e produtos da pesca]]
[[Categoría:Peixe e produtos da pesca]]


[[br:Kontelleg kamm]]
[[de:Schwertförmige Scheidenmuschel]]
[[de:Schwertförmige Scheidenmuschel]]
[[fr:Ensis ensis]]
[[hu:Kis palloskagyló]]
[[hu:Kis palloskagyló]]
[[no:Vanlig knivskjell]]

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2010 ás 12:39

"Atados" de navallas dispostas para a venda.

A navalla (Ensis ensis) é un molusco lamelibranquio mariño da familia dos solénidos, cunha cuncha formada por dúas valvas alongadas, simétricas, fráxiles, que poden chegar a medir 15 cm e que, ó seren algo curvadas, pola súa forma, semellan o obxecto do que toma o nome.

Para se agacharen dos depredadores, viven soterradas a escasa profundidade na area do interior das rías, quedando á vista só un burato por onde sacan os sifóns para alimentarse, coma tódolos bivalvos, do plancto que filtran.

Marisqueo

O marisqueo pode realizarse mediante unha arte de tracción mecánica que se serve dun angazo denominado rastro da navalla ou pode realizarse tamén a pulmón. Este último procedemento precisa certa destreza, pois, unha vez descuberto o burato, crávase de súpeto un peculiar pau denominado fisga introducíndoo entre as valvas, de xeito que a navalla, ó sentir a presión e pechalas, se aferra a ela, podendo así o mariscador tirar da fisga e deixar o bivalvo ó descuberto

Gastronomía

Ficheiro:Navalla.jpg
Ensis ensis, navalla.

As navallas sóense preparar á prancha tralo engadido de aceite e zume de limón.

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.