Saltar ao contido

Estanflación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nn:Stagflasjon
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sk:Stagflácia
Liña 41: Liña 41:
[[pt:Estagflação]]
[[pt:Estagflação]]
[[ru:Стагфляция]]
[[ru:Стагфляция]]
[[sk:Stagflácia]]
[[sr:Стагфлација]]
[[sr:Стагфлација]]
[[sv:Stagflation]]
[[sv:Stagflation]]

Revisión como estaba o 21 de maio de 2008 ás 15:23

A estanflación (do inglés:Stagflation) indica o momento ou coxuntura económica, no que, nunha situación inflacionaria se produce un estancamento da economía e o ritmo da inflación non cede.

Estanflación é un termo que foi inventado en 1965 polo entón ministro de Finanzas británico, Ian McLeod, quen, nun discurso ante o Parlamento nese ano, dixo “Agora temos o peor de ambos mundos: non inflación por un lado ou estancamiento por outro. Temos algo así como unha estan-flación”

Estanflación combina os termos «recesión» e «inflación», é a situación económica que indica a simultaneidade da alza de prezos, o aumento do desemprego e o estancamento económico, entrando nunha crise ou incluso nunha recesión.

Causas e consecuencias

Formalmente, determínase que existe unha recesión cando o Ingreso Nacional decrece durante dous trimestres consecutivos. Cando a recesión chega acompañada de alta inflación o proceso recibe o nome de estanflación e está considerado un dos peores escenarios económicos posibles, polo difícil de manexar e corrixir. As políticas monetarias e fiscais que soen utilizarse para dinamizar unha economía recesiva empeoran o compoñente inflacionario da estanflación e as políticas monetarias restritivas que se utilizan para combater a inflación tenden a profundizar e ampliar o seu compoñente recesivo.

A estanflación distorsiona completamente os mercados e coloca aos políticos dos gobernos e aos seus bancos centrais nunha posición 'perder-perder'. Na estanflación a recesión soe ser parcial, rexistrándose simultáneamente o decrecemento de algúns sectores, como a produción de bens, xunto ao crecemento de outros sectores, como a produción de servizos. Se se trata dunha economía relativamente aberta e a inflación ven acompañada dun proceso de devaluación, pode rexistrarse unha contracción das actividades que consumen divisas e unha expansión das que xeneran divisas. Isto representa un desafío enorme para as autoridades pois reciben sinais mixtas e contraditorias sobre a economía que fan moi difícil decidir que políticas aplicar, en que secuencia e en que momento tomalas. "É o peor dos dous mundos" din moitos economistas.

Aínda que as recesións poden ter causas internas ou externas, a estanflación sempre é de orixe interno, "a inflación é sempre e en todas partes un fenómeno monetario", e quenes manexan as moedas soberanas son as autoridades monetarias de cada país.

Véxase tamén