Saltar ao contido

Andoriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de marzo de 2009 ás 14:55 por Nipisiquit (conversa | contribucións) (+eo:, modify gd:)
Andoriña
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Hirundinidaee
Xénero: Hirundo
Nome científico
Hirundo rustica
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


A andoriña (Hirundo rustica) é unha pequena ave insectívora migratoria que se atopa en África, Europa, Asia e América. As andoriñas europeas pasan a primavera viaxando cara o norte, chegando mesmo ata o Círculo Polar Ártico, mentres pasan o inverno en África.

Niño de andoriñas no interior dun pazo galego

A plumaxe da andoriña é negra azulada no dorso e branca no peito. O peteiro é curto, a cola acuminada, as ás fortes e longas e as patas curtas. Miden arredor de 19 cm. e o seu corpo, fusiforme, está adaptado para os vóos rápidos e longos. A andoriña voa baixo en espazos abertos ou semi-abertos e atrapa os insectos lanzándose enriba deles desde o aire.

Adoita encontrarse en aldeas e vilas, pero tamén vive no campo aberto. Constrúe os niños de barro e no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo os beirados dos edificios, pontes, e nas paredes das rochas e cantís. A femia pon catro ou cinco ovos e os dous proxenitores alimentan as crías. As andoriñas teñen un grande sentido da orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior.

Antigamente a andoriña consagrábase aos deuses; era o heraldo da primavera, polo que estaba prohibido matalas. En Galicia é popular a lenda que conta que unha andoriña arrincoulle algunhas espiñas á coroa que levaba Xesús Cristo.

Refraneiro

  • Unha anduriña non fai vrau.
  • Vale máis unha cagada de vaca que cen de anduriña.

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA