Saltar ao contido

Tapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de maio de 2009 ás 14:46 por Nipisiquit (conversa | contribucións) (+ca:, ja:, sv:, uk:, -zh:)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Unha tapa (en galego petisco) é esencialmente un aperitivo que se serve nun bar acompañando á bebida. En Galicia habitualmente, pero non sempre, van incluídas no prezo da bebida e consisten en pequenas racións de olivas, patacas fritas, queixo, empanada, tortilla, zorza, gambas ou froitos secos. O costume ten a súa orixe en Sevilla ou en Castela-A Mancha segundo outras fontes, onde existía o costume antigo de tapar a cunca de viño cun anaco de pan ou cunha loncha de xamón, para impedir que entrasen moscas ou que se depositase po no interior, ainda que non está documentado.

En certos bares tamén é habitual poñer nomes curiosos ás tapas máis elaboradas, dando lugar a títulos que chaman a atención do cliente e normalmente obríganlle a preguntar ao camareiro en que consiste a tapa.

Véxase tamén

Petisco