Saltar ao contido

Estado do Tirol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de outubro de 2009 ás 16:05 por Chobot (conversa | contribucións) (bot Engadido: cy, da, fi, ko, li, sl Modificado: ca)

O Tirol é o nome dunha rexión montañosa que cobre as áreas de Austria e Italia. Hoxe en día coñécese como Tirol a un Estado de Austria ocidental. A súa capital é Innsbruck; unha faixa de 10-20km de Salzburgo separa a unha parte do Tirol, situada no sudeste, como resultado da perda da parte sur da rexión (Trentino-Tirol Meridional).

Os 12.648 km² fan do Tirol o terceiro Estado en área; con 673.504 habitantes, é o quinto estado en poboación do país. O estado fai fronteira coa Baviera alemá ao norte e o Trentino-Tirol Meridional (provincia de Bozen-Bolzano) en Italia ao sur; no oeste está o Vorarlberg. O Tirol Oriental fai fronteira con Italia e Carintia. O Trentino Tirol Meridional sempre pertenceu a Austria, pero na Primeira Guerra Mundial Italia tomouno como parte do seu territorio. Neste territorio aínda hoxe a maioria da poboación é austríaca e fala alemán, as escolas ensinan o alemán, e a cultura predominante é a xermánica.

Ligazóns externas

Ski Tirol