Economía do Reino Unido
Economía de Reino Unido | |
---|---|
Moeda | libra esterlina |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, Commonwealth de Nacións, OCDE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 2 323 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 9ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | -0,1% (2012) |
PIB per cápita | $ 36 700 (2012) |
PIB por sector | agricultura 0,7%, industria 21,1%, comercio e servizos 78,2% (2012) |
Inflación | 2,8% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 31.900.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 1,4%, industria 18,2%, comercio e servizos 80,4% (2006) |
Desemprego | 7,8% (2012) |
Industrias | máquinas-ferramenta, equipamentos eléctricos, equipamentos de automoción, equipamentos para ferrocarriles, construción naval e aeronáutica, vehículos e pezas, equipamentos electrónicos e de comunicación, metais, produtos químicos, carbón, petróleo, papel e derivados, procesamento de alimentos, téxtiles, roupas, outros bens de consumo |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 481 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | manufacturados, combustibles, produtos químicos, alimentos, bebidas, tabaco |
Principais mercados | Alemaña 10,9%, Estados Unidos 9,9%, Países Baixos 7,9%, Francia 7,4%, Suíza 7,1%, República de Irlanda 6%, Bélxica 5,3% (2011) |
Importacións | 646 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | manufacturados, máquinas, combustibles, alimentos |
Principais mercados | Alemaña 12,5%, República Popular de China 8,2%, Países Baixos 7,1%, Estados Unidos 7%, Francia 5,7%, Bélxica 4,8%, Noruega 4,7% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 9 836 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
O Reino Unido é unha das principais nacións industriais e comerciais do mundo. En termos do seu produto interior bruto (PIB), é o quinto no mundo logo dos Estados Unidos, Xapón, Alemaña e China. Durante a década pasada, o goberno privatizou considerablemente as súas empresas e contivo o crecemento dos gastos en benestar social[1].
A súa agricultura é bastante modernizada e atende 60% das necesidades de alimentos do país con menos de 2% da forza de traballo total. Os seus principais produtos son cereais, sementes oleaxinosas, patacas, legumes, gando, ovellas, creación de aves e peixes[1]. O país ten grandes reservas de carbón, petróleo e gas natural, porén, as súas reservas de petróleo e gas están diminuíndo, e o país tornouse o 2005 un importador de combustibles. A produción destes combustibles representa hoxe uns 4% do PIB[1]. Actualmente os servizos, en particular os servizos bancarios, de seguro e os de investimento son os principais compoñentes do PIB.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook".. Consultado o 21/4/2013
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).