Rodolfo Ucha
Nome orixinal | (es) Rodolfo Ucha |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Justo Perfecto Rodolfo Ucha Piñeiro 29 de setembro de 1882 Vigo, Galiza |
Morte | 27 de xaneiro de 1981 Ferrol, Galiza |
País de nacionalidade | Galego |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | Arquitecto |
Movemento | Arquitectura Art Nouveau |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | María de los Ángeles Donate Hernández-Ardieta |
Rodolfo Ucha Piñeiro, nado en Vigo o 29 de setembro de 1882 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1981, foi un arquitecto galego, un dos practicantes do estilo modernista na Galiza, especialmente en Ferrol.
Traxectoria
Sendo un neno trasladouse coa súa nai, viúva, a Ferrol. Logo de estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, en 1906 obtivo o título. Volveu a Ferrol onde traballou como arquitecto municipal dende 1909.
Faleceu na cidade departamental, case centenario, o 27 de xaneiro de 1981.
Características
A obra de Ucha inscríbese no estilo modernista, no que utiliza ás veces elementos innovadores, como poden ser as cores ou os chapiteis. Nos proxectos máis tardíos, dende os anos 30, os seus proxectos acostuman incluírse como déco.
Obra (selección)
Practicamente todas as súas obras foron levantadas na mesma cidade de Ferrol.
- Fonda Suíza (actual Hotel Suízo), 1910.
- Casa Romero, 1910.
- Peixería de Abastos Municipais, 1910.
- Edificio de "El Correo Gallego", 1912.
- Casa Brañas, 1913.
- Hotel Suízo, 1913.
- Hotel Ideal, 1917.
- Chalet de Emilio Antón Iboleón, 1918.
- Casino de Ferrol, 1921.
- Fachada do Teatro Jofre, 1921.
- Edificio Pita Saavedra, 1939.
- Edificio Calvo Formoso, 1939.
Galería
-
Casa Pereira[1]
-
Antiga imprenta de El Correo Gallego
-
Casino de Ferrol
-
Hotel Suízo
-
Casa Brañas
-
Casa Rodríguez Trigo
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodolfo Ucha |
Ligazóns externas
- Burgoa, Juan (9-4-2014). "Penoso centenario del modernismo de Rodolfo Ucha". Diario de Ferrol (en castelán).