Saltar ao contido

Ideograma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de outubro de 2020 ás 12:05 por Corribot (conversa | contribucións) (Artigos conexos)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Un ideograma é un símbolo gráfico que representa unha palabra ou unha idea utilizado nalgunhas linguas vivas (como o chinés e o xaponés) ou antigas (como os xeroglíficos do antigo Exipto). Opóñense aos pictogramas. Ver o artigo sobre os logogramas.

Sinogramas

[editar | editar a fonte]

Contrariamente á idea xeral, non todos os sinogramas son ideogramas, nada máis incerto: os ideogramas só representan unha pequena parte dos sinogramas, sendo a categoría máis numerosa a representada polos ideo-fonogramas, especie de xeroglífico que leva unha indicación fonética e outra semántica.

Por exemplo, na seguinte palabra, que significa China, ou sexa zhōng guó ,

o primeiro sinograma (zhōng) é un ideograma que simboliza o medio (cf. O Imperio do Medio) mentres que o segundo (guó, « país ») é un ideo-fonograma composto dun radical fonético, 或 (para o final -uo), e un índice visual para o senso, 囗 (para a idea de zona limitada no espazo).

Xeróglifos

[editar | editar a fonte]

Aínda que os xeroglíficos teñan case todos unha orixe pictográfica, algúns son ideogramas. Sexa como for, a maioría se empregaba como carácter fonético ou simbólico. Coa simplificación dos xeroglíficos lineais, e sobre todo, o paso ao hierático, os caracteres perden definitivamente o seu valor figurativo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]