Absidiola
En arquitectura denomínase absidiola ou ábsida secundaria, a unha ábsida que acolle unha capela dun edifício religioso, especialmente difundida nas catedrais do estilo románico e gótico durante a Idade Media.
Varias capelas de dimensión inferior dispostas arredor da ábsida á que se abren no interior. Esta disposición pode ser en forma circular ou poligonal, consoante coa planta e características da ábsida á que se abren.
No caso de existir un deambulatorio que rodea a ábsida as ábsidas secundarias abriranse a este. O número de absidiolas más común é de tres, podendo variar segundo as dimensións do templo, adoptando a forma semicircular, ou as veces, pentagonal.
Em termos de difusión xeográfica denótase unha clara centralización do seu emprego no continente europeo (especialmente en Francia), sendo moi limitado o seu uso en Inglaterra.
É un recurso arquitectónico moi empregado nos templos de peregrinación xunto co deambulatorio ou xirola.