Saltar ao contido

Marie Equi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaMarie Equi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1872 Editar o valor en Wikidata
New Bedford, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xullo de 1952 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónNew Bedford High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica, activista pola paz, sindicalista, sufraxista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
Condenado porEspionage Act of 1917 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteOnline Biographical Dictionary of the Woman Suffrage Movement in the United States (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Equi-32

Marie Equi, nada o 7 de abril de 1872 e finada o 13 de xullo de 1952 foi unha pioneira doutora estadounidense adicada a ofrecer asistencia médica á clase traballadora e aos pobres no oeste do país. Proporcionaba a miúdo información sobre métodos anticonceptivos e o aborto nun momento no que ambos eran ilegais. Converteuse nunha activista política que avogaba por reformas civís e económicas, entre as que se atopaban o dereito ao voto para a muller e a xornada laboral de oito horas. Logo de ser golpeada por un policía nunha folga de traballadores en 1913, Equi uniuse aos anarquistas e ao movemento obreiro radical.

Equi era lesbiana e mantivo unha relación con Harriet Speckart durante máis dunha década. A parella adoptou unha nena, que foi criada nun dos primeiros exemplos de familia non convencional con ambos os proxenitores do mesmo sexo. Debido á súa política radical e orientación sexual, Equi tivo que enfrontarse a discriminación e acoso. En 1918, Equi foi xulgada pola Lei de Sedición por manifestarse en contra da participación dos Estados Unidos na primeira guerra mundial. Foi condenada a 3 anos na prisión estatal de San Quintín. Foi a única homosexual e política radical encarcerada da que houbo constancia.

Unha muller lesbiana

Equi viviu boa parte da súa vida adulta con mulleres, pero nunca foi partidaria da separación dos sexos. Trataba a varóns na súa consulta, e traballou ó carón de homes en moitas das súas actividades políticas. Emprendeu a súa relación máis longa no ano 1905, tras coñecer a unha muller máis nova, Harriet Speckart, sobriña de Leopoldo Schmidt, fundador da Olympia Brewing Company. A familia de Speckart opúxose fortemente á relación das dúas mulleres, e Speckart loitou durante anos nos tribunais coa súa nai e irmán para recibir a súa lexítima herdanza. Despois de 10 anos compartindo unha vida xuntas, adoptaron unha nena, Mary, posto que Speckart quería ser nai.

Atención médica e activismo social

Logo de unirse como voluntaria a un grupo de médicos e enfermeiros que atenderon ás vítimas do terremoto e o Grande incendio de San Francisco en 1906, o seu papel como médica acadou certo recoñecemento. Entre 1905 e 1915, Equi comezou a practicar abortos sen ter en conta a clase social ou status. A miúdo cobraba máis polo procedemento ás mulleres con maior poder adquisitivo para axudar a cubrir o custo ás pacientes sen recursos. Equi participou activamente na Liga de Control da Natalidade de Portland e axudou a difundir información sobre os anticonceptivos cando esta actividade era ilegal.

Equi converteuse nunha voz influente durante a crise de emprego de Portland entre 1913 e 1914. Manifestouse regularmente xunto con homes desempregados, esixindo mellores condicións de traballo para eles. Comprometeuse coa loita pola liberdade de expresión defendida pola Fundación Mundial de Sindicatos de Industria (FEMUSI) en favor dos leñadores dos bosques da zona. Equi declarábase socialista radical e anarquista, e cooperou coa FEMUSI.

Debido á crecente polémica creada pola entrada dos Estados Unidos na primeira guerra mundial, Equi opúxose ás campañas de guerra do seu país. Cría que tras os esforzos para vencer a guerra, se escondía unha ambición imperialista e capitalista do goberno. En 1917, despois de que os Estados Unidos entrasen na guerra, continuou coa protesta. Este goberno consideraba a Equi unha gran ameaza para a seguridade nacional e condenárona por sublevación baixo a recentemente revisada Lei de Espionaxe.