Saltar ao contido

Polígono industrial de Sabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Polígono industrial de Sabón
Planta de Ferroatlántica e a central de ciclo combinado de Gas Natural - Unión Fenosa.
Tipopolígono industrial
Data de fundación1965
Nomeado en referencia aSabón
EnOseiro
PaísGalicia
43°19′07″N 8°30′04″O / 43.318666666667, -8.5012222222222
editar datos en Wikidata ]

O polígono industrial de Sabón é unha zona industrial situada na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo. Leva o nome da aldea de Sabón e foi posto en funcionamento en 1965, aínda que as primeiras empresas non se instalaron até a década de 1970.[1]

Historia e descrición

Foi promovido polo Deputación Provincial da Coruña[1]. Conta cunha superficie de 3.287.910 metros cadrados, sendo a destinada a parcelas de 2.403.580[1]. Sobre o seu solo teñen a súa sede ou delegación empresas como Inditex, Ferroatlántica, Bonilla a la Vista, Dielectro, Leyma, Teais, Horta Coslada ou o Grupo Voz.

Conta ademais con servizo de ITV e un encoro que dá servizo á central de ciclo combinado que Gas Natural Fenosa ten instalada para fornecer de enerxía eléctrica á zona.

Ao norte do mesmo comezouse a construír, logo da catástrofe ecolóxica provocada polo afundimento do Prestige, o Porto Exterior da Coruña, que -ademais de servir como porto refuxio para grandes embarcacións- se espera que se complemente coa actividade industrial desenvolvida neste polígono.

En 1990 constituíuse a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo.[2]

Na actualidade está ao límite da súa capacidade[1] e a súa proximidade a núcleos urbanos en expansión fixo que se considerase a opción de construír un novo polígono na zona de Morás, o Polígono industrial de Morás a escasa distancia. Porén, a crise económica de 2008-2013 fixo que se adiara a estrea deste novo polígono[3], que se había de sumar ás sinerxías resultantes da construción no novo gran porto a carón da zona industrial de Sabón.

Accesos

Estradas e autoestradas

  • AC-415. Antiga estrada Coruña - Fisterra por Meicende.
  • AC-551. Conflúen as seguintes autoestradas:
  • AC-552, practicamente convertida nunha longa travesía urbana que o comunica coa capital municipal polo oeste e con Vilarrodís e a cidade da Coruña evitando o pago da peaxe da autoestrada.
  • DP-0514. Estrada Arteixo - Caión

Portuarios

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Polígono industrial de Sabón, Arteixo, ( A Coruña)". www.ingestin.com. Consultado o 2016-08-26. 
  2. "CEPE-SI. Polígono de Sabón – A Asociación". poligonosabon.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 2017-05-04. 
  3. Coruña, La Opinión de A. "La Xunta reactiva el polígono de Morás y el vial a Lorbé en su último año de mandato". Consultado o 2016-08-26. 

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas