Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario
O vindeiro 8 de marzo de 2018 a Galipedia acadará os quince anos de traballo para crear a enciclopedia libre en galego. Para celebrar isto imos realizar un encontro de galipedistas, e outras actividades, na cidade de Ourense.
Lugar
Para esta celebración escolleuse a cidade de Ourense para intentar dar a coñecer un pouco máis o proxecto nesa provincia.
Data
A data de celebración do aniversario será o 10 de marzo, sábado.
Entidades colaboradoras
O concello de Ourense, a través da concellería de Igualdade, colabora con nós na realización do wikimaratón encargándose de conseguir un local axeitado para realizalo e na difusión da actividade.
Actividades
- Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, apúntate na páxina para colaborar neste wikimaratón.
- Comida de confraternización de editores. Apúntate á Galecomida máis abaixo.
- Wiki Takes Ourense, temos que organizarnos para facer algunhas das fotos da cidade e arredores que fagan máis falta nos artigos. Unha posibilidade é visitar a exposición In tempore sueborum.
- Conversa para dar impulso á Asociación de amigas e amigos da Galipedia. A historia ven de aquí.
Galecomida
Despois do Wikimaratón do Día Internacional da Muller, achegarémonos a un local para celebrar unha comida todos xuntos, desfrutar da compañía dos compañeiros de tantos anos de traballo, comentar as mellores anécdotas e falar de todo o que sexa preciso. Para poder organizar un pouco esta parte e buscar un local bo, bonito e barato, precisamos saber cantos están interesados nesta paparota, polo que é preciso que vos apuntedes aquí abaixo:
- --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 12:42 (UTC)
- --Viascos (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 23:57 (UTC)
- --Agremon(contacto) 20 de febreiro de 2018 ás 07:49 (UTC)
- --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de marzo de 2018 ás 14:01 (UTC)
- --Xas (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:22 (UTC)
Bolsas de transporte
Tal e como se reflicte no presuposto solicitado (que podedes consultar abaixo), temos 19 bolsas para pagar os gastos de transporte dos participantes do evento, cada bolsa é de 30 euros. As posibilidades de solicitar estas bolsas son dúas:
- se te achegas nun medio de transporte público, pagaránseche os gastos do billete de ida e volta.
- se te achegas no teu propio coche, pagaránseche 0,19 euros por quilómetro dende a túa localidade ata Ourense, ida e volta.
O importe máximo da bolsa é de 30 euros, pero, se despois de abonar todas as solicitudes, sobraran cartos desta partida, a cantidade repartiríase entre a xente que faga máis de 150 quilómetros en función dos quilómetros de máis que fagan.
O reintegro das bolsas farase despois do evento, unha vez presentados os xustificantes do desprazamento, preferiblemente por transferencia bancaria.
Para reducir os gastos non necesarios, evitar desbotar os recursos e reducir, no posible, a contaminación xerada, pedimos a tódolos participantes que se organicen na páxina de conversa para compartir, sempre que sexa posible, o medio de transporte co que se achegarán a Ourense.
Requisitos
É preferible ter unha conta bancaria para que poidamos facer o ingreso da bolsa, e haberá que enviar por correo electrónico ós responsables da bolsa da Fundación, Elisardojm e Estevoaei, unha foto dun xustificante dos gastos do transporte (isto é preciso para enviar esa información á Fundación Wikimedia para os seus controis, poden riscarse nas fotos os datos persoais que haxa neses recibos). Os xustificantes poden ser os tíckets do bus, do tren, ou no caso de achegarse en coche, un tícket de repostaxe de combustible por unha cantidade semellante á da bolsa solicitada (non fai falta que sexa polo importe exacto, so é preciso ter un xustificante para acreditar o gasto. Iso si, debería ter data de 9-3-2018 ou 10-3-2018 para que estivera o máis aproximado posible á data do evento) ou tamén uns tíckets de autoestrada, se a usas. Se queres achegar outros tíckets ou resgardos, fala cos organizadores para que o teñan en conta.
Lista de solicitantes
Os que estean interesados en solicitar unha destas bolsas deben apuntarse nesta táboa indicando o seu usuario, lugar dende onde se desprazan, medio de transporte que usan (coche propio, bus, tren, etc.), e importe solicitado (nesta cela haberá que indicar tamén os cálculos necesarios para obter o importe final e facilitar a súa revisión).
Usuario | Lugar de procedencia | Medio de transporte | Importe solicitado | Tempo da viaxe (ida/volta) | Mapa do percorrido (por exemplo) |
---|---|---|---|---|---|
Agremon | Ribadeo | coche propio | 194km*2*0,19= 73,72 (...ate) | 5 h | Percorrido |
Elisardojm | Culleredo | coche propio | 170km*2*0,19=64,6 euros | 3 h 30' | Percorrido |
Brais Oliveira | A Coruña | furgoneta | 173*2*0,19= 65,74 euros | 4h | Percorrido |
Viascos | Ponferrada | coche propio | 158km*2*0,19= 60,04 | 4h | Percorrido |
Sobreira | Santiago de Compostela | furgoneta | viaxou con Brais Oliveira á ida e con Estevoai á volta | 6.00-6.38 ou 8.34-9.11 ou 9.39-10-16 + volta | (o mesmo que o de Angrois...) |
Estevoaei | Figueirido | coche propio | 107km*4*0,19=81,32 (obradoiro + rolda de prensa) |
3+3 h | Percorrido |
Total | 345,42 euros |
Presuposto
O presuposto presentado á Fundación Wikimedia xa foi aprobado, estamos pendentes de enviarlles documentación para que fagan o ingreso dos cartos. Está dispoñible en Grants:Project/Rapid/Elisardojm/Wikipedia in Galician 15th anniversary Meeting.
Galencontro
Comezamos o día co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller no que traballamos un bo cacho nas biografías de mulleres propostas, e xa tendo o apetito aberto coa wikitorta do aniversario :), buscamos un sitio para comer e seguir falando da Galipedia e os seus temas.
Achegámonos ata o bar Duque, na praza do Ferro, Lissall, Estevoaei, Xas, Agremon, Viascos, Peixiño, Sobreira e máis eu, e falamos dos Wikipedia:Proxectos pedagóxicos dentro da Galipedia, dos bots e do Wikipedia:AutoWikiBrowser e dalgunhas cousas máis.
Aproveitando unha tapa de rexistro a carón da casa natal de Otero Pedrayo e Vicente Risco, Estevoaei explicou como subir fotos a Commons desde a app para Android.
Despois fomos tomar o café ó Latino onde se achegou Maria zaos e puidemos comentar algunhas cousiñas máis, como as posibilidades da Asociación da Galipedia. Logo de estar un bo anaco de cháchara, marchamos cada un polo seu lado, con novas ideas e maxíns sobre o proxecto. Ata o próximo encontro! E a ver se para esa vez tamén te achegas ti! :)
Medios
A maiores das novas que se poden atopar asociadas ó wikimaratón do Día Internacional da Muller, e que están ligadas nesa páxina, e nas que tamén se comenta o aniversario da Galipedia, no programa Zigzag diario da TVG entrevistaron a Estevoaei, podedes ver ese contido nesta páxina (a partir de 36'55).