Eurystomus
Eurystomus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eurystomus orientalis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Species | |||||||||||||
Véxase o texto
|
Eurystomus é un xénero de aves coraciformes, un dos dous xéneros pertencentes á familia Coraciidae. O nome significa ‘boca ancha’, do grego eurus (εὐρύς, ‘ancho, largo’) e stoma (στόμα, ‘boca’).[1]
Contén catro especies que crían en África, Asia e Australasia. Dúas das súas especies encóntranse só en África, e unha delas, Eurystomus glaucurus, é migratoria. En cambio, a Eurystomus orientalis está amplamente distribuída desde a India até o Xapón e Australia. Ademais é migratoria nos extremos norte e sur da súa área de distribución. A última especie, a Eurystomus azureus é endémica das illas Molucas, en Indonesia. En xeral son aves forestais e de sabana, aínda que prefiren buscar alimento en espazos abertos.
Características
[editar | editar a fonte]Os membros de Eurystomus son aves de peteiro ancho que se diferencian do outro xénero dos corácidos, Coracias, por ter ás proporcionalmente máis longas e as patas máis curtas. Esta diferenza morfolóxica reflicte as diferenzas nas técnicas de caza, mentres que os membros de Coracias cazan axexando desde un lugar e lánzanse en picado á terra para atrapar as súas presas, as máis áxiles e rápidas de Eurystomus atrapan as súas presas ao voo. A diferenza dos membros de Coracias, non emiten o característico canto entrecortado.[2]
Especies
[editar | editar a fonte]As catro especies que integran o xénero son:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ William Somerville Orr (1855). Orr's circle of the sciences: a series of treatises on the principles of science, with their application to practical pursuits. W.S. Orr & Company. p. 517.
- ↑ Fry, C (2001). "Family Coraciidae (Rollers)". En del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi. Handbook of the Birds of the World. Volume 6, Mousebirds to Hornbills. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 342–369. ISBN 978-84-87334-30-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurystomus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eurystomus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fry, Fry and Harris, Kingfishers, Bee-eaters and Rollers, ISBN 0-7136-8028-8