Saltar ao contido

Biobra, Rubiá

Biobra
Vista xeral da aldea
ConcelloRubiá[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°28′55″N 6°51′39″O / 42.481955555556, -6.8608444444444
Poboación65 hab. (2013)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Biobra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 65 habitantes (36 homes e 29 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 89 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia está situada á beira da estrada N-120. Biobra forma parte do parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Na parte alta da aldea está situado o seu Centro de Interpretación, desde onde parten interesantes rutas sinalizadas para andar. Pola parroquia pasa unha variante da vía de inverno do Camiño de Santiago[2].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Na igrexa parroquial hai un retablo con talle policromado. Ten unha figura da Virxe do Rosario e un sagrario coa Verónica na porta obra de Gregorio Español, ao igual có que fixo en Tejados (Valderrey, provincia de León). O retablo ten tamén dúas virtudes -a fe e a esperanza- na predela, similar á da parroquia de Correxais (Vilamartín de Valdeorras), feito por Jerónimo de Salazar a comezos do século XVII[3].

O Boletín Oficial de Minas recolle un rexistro mineiro para unha explotación de antimonio en Ferradal e Teso, realizado por J. de D. Acevedo en abril de 1844, na mina de Reservada. En 1890 unha compañía alemá fixo unha cata para extraer antimonio, mais o proxecto non foi adiante. En 1891 retomouse a escavación na mina Pardo, propiedade do madrileño D. M. Hervella, da que sacou uns 10 000 kg deste semimetal. En 1894 F. Navarro recolle nos Anales da Sociedade Española de Historia Natural a presenza de catorce mostras de estibina de Biobra na colección do Museo de Ciencias Naturais[4].

Na parroquia está a adega Bacelos de Biobra, única con produción ecolóxica da Denominación de Orixe Valdeorras[5].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Etapa 2: variante Quereño - Tremiñá Arquivado 22 de novembro de 2016 en Wayback Machine., na web Camino de Invierno (en castelán).
  3. Igrexa de Biobra Arquivado 22 de novembro de 2016 en Wayback Machine., ficha en Turismo de Galicia.
  4. Gurriarán, R. (2000): Da prerromanización ao wolfram: apuntamentos históricos das explotacións mineiras en Valdeorras. Tórculo Edicións.
  5. “O viño fano a natureza, a cepa e o lugar. A nós tócanos non equivocarnos” Arquivado 22 de novembro de 2016 en Wayback Machine., reportaxe en Campo Galego, 31 de agosto de 2016.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Biobra

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Biobra no concello de Rubiá (Ourense)

Biobra

Parroquias de Rubiá

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rubiá

O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción) | Biobra (San Miguel) | Covas (San Salvador) | Oulego (San Miguel) | Pardollán (Santo Estevo) | O Porto (San Cristovo) | Quereño (San Cristovo) | O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción) | Rubiá (Santa Mariña) | A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]