Serra do Eixe
Tipo | montaña Lugar de importancia comunitaria | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mazico de Pena Trevinca | |||
Localización | ||||
División administrativa | A Veiga, España e Carballeda de Valdeorras, España | |||
Localización | A Veiga | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.127 m | |||
Punto máis alto | Pena Trevinca (2.127 m ) | |||
A serra do Eixe[1][2][3][4][5][6] ou serra do Eixo[7] é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.
Características
[editar | editar a fonte]Nela atópanse as alturas máis elevadas de Galicia: Pena Trevinca con 2127 m, Pena Negra con 2121 m, e Pena Surbia con 2116 m de altitude. Separa as concas do río Xares e do río Sil. Dun extraordinario interese natural, nela está O Teixedal, espazo único en Europa e vales glaciares. A aldea de Xares é dun gran valor arquitectónico e etnográfico e padece un lamentable abandono. Parte da Serra está incluída como lugar de importancia comunitaria proposto para a Rede Natura 2000. Encóntrase moi danada por explotacións de lousa e ameazada pola construción de parques eólicos. Limita cun parque natural de Seabra da provincia de Zamora pero a Xunta de Galicia carece dun proxecto de creación dun parque similar no territorio galego. Porén os seus atractivos propiciaron investimentos en turismo rural e de natureza e a declaración da Veiga como municipio turístico de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. Sª do Eixe: páxina 48. Serra do Eixe: páxina 109 (C1-2).
- ↑ "Eixe, Serra do" en Gran Enciclopedia Galega en DVD.
- ↑ Mapa: Serras de Galicia en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1920.
- ↑ Mapa físico de Galicia. Xunta de Galicia e Faro de Vigo. Escala 1:350.000. Abril 2012. Aneto Publicaciones. GradualMap. D.L. B-11909-2011.
- ↑ "Serra do Eixe" no visor Arquivado 10 de setembro de 2010 en Wayback Machine. do SIXPAC.
- ↑ Pena Trevinca e serra do Eixe en Turgalicia: [1] Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. [2] Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. [3] Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Rúa, A en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1839.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. Edicións A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pena Trevinca e serra do Eixe en Turgalicia: información básica Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine., aves Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. e loxística Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.