Saltar ao contido

Xertrude (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xertrude
O gran cráter Xertrude, na parte superior dereita e Messina Chasma, o gran canón de Titania, na parte inferior esquerda da fotografía.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Titania
Diámetro 326 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 15,8° S 287,1° E[1]
Procedencia do nome nai de Hamlet.[1]

Xertrude é o maior cráter do que se ten constancia na lúa Titania do planeta Urano. Ten ó redor de 326 km de ancho,[1] 1/5 do diámetro de Titania.[nota 1] Recibiría posteriormente o nome da nai de Hamlet na obra de William Shakespeare, Hamlet.[1] Os accidentes xeolóxicos en Titania reciben nomes femininos de personaxes das obras de Shakespeare.

A beira do cráter Xertrude está elevado 2 km por riba do chan do interior do cráter. No centro do cráter existe un gran domo, o cal é resultado da elevación da superficie inmediatamente despois do impacto. Este domo ten un diámetro do redor de 150 km e 2–3 km de altura. A beira e o domo son baixos para un cráter das dimensións de Xertrude, o cal indica que o relevo suavizouse dende que tivo lugar o impacto inicial. A superficie do domo ten só uns poucos cráteres superpostos, o que significa que foi modificado con posterioridade (aínda que de xeito pouco acusado).[2]

  1. Outras fontes outórganlle un diámetro de 400 ± 15 km.[2]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS Astrogeology (ed.). "Titania: Gertrude". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 05-01-2009. 
  2. 2,0 2,1 Moore, Jeffrey M.; Schenk, Paul M.; Bruesch, Lindsey S. e o seu equipo. (2004). "Large impact features on middle-sized icy satellites" (PDF). Icarus 171: 421–43. doi:10.1016/j.icarus.2004.05.009. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 08 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]