Carludovica palmata
Carludovica palmata | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carludovica palmata | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Jipijapa |
Carludovica palmata é unha especie pertencente á familia das ciclantáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Non é unha verdadeira palma pero está relacionada con estas por pertencer á mesma orde das espatifloras. En realidade é unha planta herbácea de 1,5 a 2,5 m de altura, sen un talo visible. Posúe follas simples, agrupadas e que conforman unha roseta, con láminas de até 65 cm de longo, en forma de abano, pregadas e cos bordos aserrados. As súas follas diferéncianse das follas das verdadeiras palmas en que non contan cunha estrutura en forma de lámina aguda localizada na unión do pedúnculo e os folíolos.
As súas flores femininas, que maduran primeiro, botan estigmas caedizos con moitas flores pequeniñas de cor branca-crema e as flores masculinas, que maduran posteriormente, botan abundante pole. Multiplícase vexetativamente pois non produce sementes viables. Tamén se diferencia claramente das palmeiras en que non desenvolve tronco leñoso. O seu froito de até 15 cm de lonxitude é carnoso, de cor verde e no interior, laranxa.
Cultivo e usos
[editar | editar a fonte]Cultivada desde Centroamérica até Bolivia especialmente en Ecuador, aprovéitanse as fibras suaves, flexibles e duradeiras, con que se tecen sombreiros e outros artigos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Carludovica palmata foi descrito por Ruiz & Pav. e publicado en Systema Vegetabilium Florae Peruvianae et Chilensis 291–292. 1798.[1]
- Etimoloxía
Carludovica: nome xenérico en lembranza de Carlos IV de España e a súa dona María Luísa de Parma.[2]
palmata: epíteto latíno que significa "como unha palma".[3]
- Carludovica gigantea Kuntze
- Carludovica incisa H.Wendl.
- Carludovica jamaicensis Lodd. ex Fawcett & Harris
- Ludovia palmata (Ruiz & Pav.) Pers.
- Salmia jamaicensis Steud.
- Salmia palmata (Ruiz & Pav.) Willd.
- Carludovica humilis (Wawra & Bermann) Kuntze
- Carludovica serrata Wawra & Bermann[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carludovica palmata". Tropicos.org. Xardín Botánico de Missouri. Consultado o 10 de febreiro de 2014.
- ↑ Genaust, Helmut (1976). Etymologisches Wörterbuch der botanischen Pflanzennamen ISBN 3-7643-0755-2
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Carludovica palmata en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
- Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
- Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123.
- Dodson, C.H. & A.H. Gentry. 1978. Flora of the Río Palenque Science Center: Los Ríos Province, Ecuador. Selbyana 4(1–6): i–xxx, 1–628.
- Dodson, C.H., A.H. Gentry & F.M. Valverde Badillo. 1985. Fl. Jauneche 1–512. Banco Central del Ecuador, Quito.
- Foster, R. C. 1958. A catalogue of the ferns and flowering plants of Bolivia. Contr. Gray Herb. 184: 1–223. View in Biodiversity Heritage Library
- Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. View in Biodiversity Heritage Library
- Hammel, B. E. 2003. Cyclanthaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 424–455.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carludovica palmata |