Megasoma elephas
Megasoma elephas | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
M. e. elephas | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Megasoma elephas, o escaravello elefante, é unha especie da familia Scarabaeidae e subfamilia Dynastinae. Ten unha distribución Neotropical.
Aspecto
[editar | editar a fonte]Os escaravellos elefante son de cor negra e están cubertos de finos pelos (setas) microscópicos. Os pelos crecen especialmente espesos nos élitros e danlle ao corpo do animal unha cor amarelada. Os machos teñen dous cornos que se proxectan cara a adiante desde a cabeza e o protórax. O corno da cabeza máis longo é o que lle dá a estes escaravellos o seu nome, xa que lembra os cabeiros dun elefante. As femias non teñen cornos. Usan os cornos para a defensa e a competición entre machos polo alimento e as femias.
Tamaño
[editar | editar a fonte]En tamaño miden entre 7 e 12 cm de longo, e o exemplar macho máis grande que se mediu era de 13,7 cm, incluíndo o corno.[1]
Localización
[editar | editar a fonte]Viven nas selvas do sur de México, América Central e América do Sur.[2]
Lista de subespecies
[editar | editar a fonte]- Megasoma elephas elephas (Fabricius, 1775)
- Megasoma elephas iijimai Nagai, 2003
Reprodución
[editar | editar a fonte]As larvas desenvólvense en grandes troncos en descomposición e tardan tres anos en desenvolverse en adultos, dependendo da subespecie. A femia pon ovos dento dos troncos podres ou no chan. Algunhas semanas despois (normalmente tres) os ovos fan eclosión orixinando larvas con forma de C, brancas con cabeza marrón e seis patas. O estadio larvario dura arredor de 29 meses, durante ese tempo a larva aliméntase. O terceiro e último estadio, o pupal, dura arredor de cinco semanas a unha temperatura de 26 graos Celsius. A vida dun adulto dura uns tres meses.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntanse do zume interno de certas árbores e de froitos maduros caídos. En catividade tamén comen froitas exóticas, como ananás, longáns, lichis e a codia de certas árbores como Delonix regia.
Comportamento e hábitat
[editar | editar a fonte]Viven en selvas e son activos principalmente durante a noite. Poden manter unha alta calor corporal interna cando buscan comida malia a baixa temperatura ambiental.[3]
A poboación de escaravellos elefante diminuíu bastante pola destrución das selvas, o cal reduciu o seu territorio para vivir e reproducirse. Nalgúns países como Costa Rica, Nicaragua e outros en América Central a cabeza do macho utilízase como colgante ou colar, decorada con ouro. Isto afectou á poboación gravemente.
Posible uso militar
[editar | editar a fonte]Como parte dun proxecto patrocinado polo Pentágono norteamericano, investigadores da Universidade de California, Berkeley implantaron eléctrodos en pupas de escaravello elefante. Isto permite exercer certo control remoto do comportamento voador dos adultos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Insect Book of World Records
- ↑ "Map of Megasoma elephas". Discover Life. Consultado o 2022-08-25.
- ↑ Temperature Regulation, Energy Metabolism and Mate-Searching in Rain Beetles
- ↑ "Remote controlled bugs buzz off". BBC News. 2009-10-13. Consultado o 2009-10-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elephant beetle |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Elephant beetle |