Saltar ao contido

Leptotes pirithous

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leptotes pirithous

Leptotes pirithous
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Xénero: Leptotes
Especie: L. pirithous
Linnaeus, 1767
Sinonimia
  • Lampides telicanus Lang, 1789
  • Papilio pirithous Linnaeus, 1767
  • Papilio telicanus Lang, 1789
  • Syntarucus pirithous

Leptotes pirithous é un lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.[1][2][3][4][5]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Envergadura alar de entre 21 e 30 mm. Similar a Lampides boeticus, pero xeralmente máis pequena e sen a franxa branca postdiscal no dorso das ás. Como moitos licénidos, esta especie presenta dimorfismo sexual: anverso azul nos machos e máis tons marróns nas femias. Reverso das ás posteriores acabadas en dous ocelos e unha cola en cada á.

Comparativa entre Leptotes pirithous e Lampides boeticus.

Robusta; o seu corpo achándase a cada segmento abdominal. Recuberta dunha fina pilosidade curta que brilla coa luz. Pode ser de varias coloracións (polimórfica), normalmente verde clara.

Hábitat variado, normalmente herbazais cálidos e secos, limiares de camiños. A eiruga aliméntase de varios xéneros e especies de Fabaceae, Lythraceae, Plumbaginaceae, Rosaceae e Ericaceae como Plumbago capensis, Indigofera, Rynchosia, Vigna, Burkea, Mundulea, Melilotus, Crataegus, Quercus suber, Medicago sativa, Trifolium alexandrium, Arachis hypogaea, Lythrum, Genista, Dorycnium, Lythrum salicaria, Calluna vulgaris, Onobrychis viciifolia, Ulex, Melilotus.[1]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esténdese polo norte de África, sur e centro de Europa e Oriente Medio até a India. No centro de Europa e zonas frías é migratoria. Moitos dos exemplares que se atopan en Europa e España proveñen de exemplares migradores africanos. Pódese atopar en Asturias.[1]

Período de voo

[editar | editar a fonte]

Alá onde reside é polivoltina, voando desde febreiro até novembro. Non se sabe con certeza se no seu ciclo hai diapausa; en catividade non se conseguiu inducir.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]