Gamma
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gamma (homónimos).
Nome da terceira letra do alfabeto grego (γάμμα); equivale ao /g/, son oclusivo gutural sonoro; cando vai seguido de kappa, gamma ou khi lese /ŋ/ (n velar). Adoita transcribirse como g ante a, o e u, e como x, ante e e i. O seu nome provén do da terceira letra do alfabeto fenicio gīmel. Como signo numérico representaba o tres. En maiúscula serve tamén para designar o terceiro canto da Ilíada de Homero e en minúscula o terceiro da Odisea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- ɣ, gamma latino