Saltar ao contido

Río Caquetá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Caquetá
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Sur Editar o valor en Wikidata
País da cuncaColombia e Brasil Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónAmazonas Editar o valor en Wikidata
Mapa
 3°09′56″S 64°46′51″O / -3.1656, -64.7808
3°09′56″S 64°46′51″O / -3.1656, -64.7808
Afluentes
Conca hidrográficaBacía do río Amazonas Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude25 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2.820 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica282.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal13.915 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5477215

O río Caquetá ou Japará[1], de 2.280 quilómetros de lonxitude e que percorre Colombia e o Brasil, nace no Macizo Colombiano, no Páramo de las Papas.

Características

[editar | editar a fonte]

No seu curso alto flúe en dirección sueste e marca a fronteira entre os departamentos colombianos de Putumayo e Caquetá. Preto de Tres Esquinas conflúe co río Orteguaza, e antes de penetrar no departamento colombiano de Amazonas recibe as augas do caudaloso río Caguán.

O río marca tamén a fronteira entre os departamentos de Caquetá e Amazonas, salvando numerosas cachoeiras.

Cerca dos cerros de Munoir recibe ao seu afluente Yarí.

Tras penetrar na Amazonia conflúe co río Apaporis, preto de La pedrera e entra no Brasil co nome de Jarupá. No seu curso baixo recibe ao Auati Paraná e ao Mirim Pirajuana

Desemboca na orela esquerda do río Amazonas, fronte a Tefé.

Aínda que é un río caudaloso e amplo, a existencia ao longo do seu curso de numerosos cachóns dificulta enormemente a navegación.

Posúe unha gran fauna, entre a que destacan os peixes, ademais de réptiles.

  1. Caquetá é o nome que recibe en Colombia e Japará no Brasil

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]