Século -XXIX
Aparencia
O século XXIX antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2900 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2801 a.C.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- En Iraq comeza o Período Dinástico Arcaico temperá.
- Data na que os hinduístas consideran que cocibiuse o Rig-veda na India. A maioría das teorías actuais sitúano a mediados do II milenio antes de Cristo
- 2900 a.C. (aprox.): Comeza a construción na primeira aldea coñecida en América, que no 2627 a.C. (case 300 anos despois da súa fundación) crecerá dando lugar á cidade de Caral (182 km ao norte de Lima, Perú), cidade nai da civilización máis antiga de América, a Civilización Caral-Supe. Entre o ano 2627 a.C. e 2100 a.C., esta civilización desenvolverase plenamente, alcanzando o seu cumio de esplendor.
- 2900 a.C. ata o 2800 a.C.: Fundación da cidade de Mari, en Siria (1´9 km de diámetro).
- 2900 a.C. a 2750 aC: Dinastía Arcaica I.
- 2900 a.C. ata o 2600 a.C.: Durante estes tres séculos, realízanse as estatuas votivas do Templo Cadrado en Ešnunna (actual Tell Ashmar, Iraq). Conserváronse no Instituto Oriental da Universidade de Chicago (situado no Museo de Iraq en Bagdad, pero foron destruídos na Guerra de Iraq.
- 2900 a.C. ata 2334 a.C.: período dinástico arcaico ou presargónico en Iraq.
- 2890 a.C.: en Exipto, morre o faraón Qaa. Con el remata a Primeira Dinastía.
- O faraón Hetepsekhemui toma o poder e con el comeza a II Dinastía.
- Primeiros vestixios da invención do valor fonético correspondente aos signos de escritura, nos ficheiros de Uruk. Pouco a pouco desaparecen os ideogramas.
- Dumuzi, rei de Uruk, despois da súa morte, convértese en protector dos rabaños e deus da fertilidade e da vexetación.
- Liberación de Our-Nina, rei de Lagaš.
- En Iraq prodúcense vasos pintados, con motivos escarlata pintados nun fondo beige (Diala, preto de Kiš)).
- Desenvolvemento da cultura da chaira de Khabur en Iraq.
- Establécese o reino de Elam.
- 2880 a.C.: estimación da xerminación da árbore Prometeo, o que se cría o organismo vivo máis antigo do mundo ata que se talou en 1964.
- 2874 a.C.: En Exipto comeza a empregarse o calendario de 365 días, con meses lunares fixos de 30 días + 5 días epagomenal.[1]
- 2861 a.C. ata o 2831 a.C.: Etana lendario rei de Iraq (o mito di que reinou 1.500 ou 635 anos despois do diluvio universal).
- 2852 a.C.: nace Fu Hsi, lendario rei da China. (Morreu no 2738 a.C.).
- 2850 a.C.: na China comeza o período de Os tres Augustos e os cinco Emperadores.
- 2832 a.C.: segundo a mitoloxía xudía, ano estimado do nacemento de Metuxalén.
- 2831 a.C. ata 2791 a.C.: Balih, lendario rei de Iraq, fillo de Etana.
- O faraón exipcio Snefru (antes da Terceira dinastía de Exipto) envía unha expedición marítima en busca dos famosos bosques de cedros do Líbano.
- 2807 a.C.: data suxerida para o impacto dun asteroide ou cometa ocorrido entre África e a Antártida, ao redor do momento dun eclipse solar o 10 de maio, baseándose nunha análise de historias de inundacións. Posiblemente causante do cráter Burckle e Fenambosy Chevron.
- 2800 a.C.: en Biblos (Líbano) constrúese o templo do deus Baalat Gubla.
- Aparecen no norte de Europa as culturas das cerámicas cordadas.
- En Grecia espállanse as técnicas de fundición, especialmente na zona nordés do mar Exeo. Así comeza a Idade de Bronce. (A etapa Bronce Antigo II ocorre entre o 2900 a.C. ata o 2300 a.C.)
- Primeira ocupación de Micenas e de Troia.
- Os anatolios (chegados da actual Turquía) invaden a illa de Creta.
- Creta: uso do bronce, arquitectura, culto a Deusa nai.
- Ur convértese nunha das cidades máis ricas en Sumeria[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2006. Consultado o 2006-03-23.
- ↑ webmaster@iraqdirectory.com. "About Iraq Editorial". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XXIX |