Sensibilidade da película fotográfica
As distintas escalas de sensibilidade fotográfica están clasificadas en función do tipo de emulsión fotográfica presente na película. A sensibilidade dunha película fotográfica é a velocidade coa que a súa emulsión fotosensible reacciona á luz. Algunhas marcas fotográficas falan de E.I., isto é Exposure Index ou Índice de Exposición.
O índice de exposición ou sensibilidade dunha película indícase mediante as escalas ASA, DIN, ISO ou GOST (escala soviética actualmente en desuso).
Escalas normalizadas
[editar | editar a fonte]ASA
[editar | editar a fonte]A escala ASA (American Standard Asociation) é igual á escala ISO (International Standard Office) que é a que se está impondo internacionalmente. Na escala ASA cando o número dobra o seu valor a sensibilidade da película duplícase, ou o que é o mesmo, aumenta nun diafragma. Así, unha película de 400 ASA ten o dobre de sensibilidade que un de 200 ASA.
DIN
[editar | editar a fonte]Pola contra, o sistema DIN (Deutsche Industrie Normen) pode parecer algo menos inmediato, pois o valor da sensibilidade dóbrase cando o valor DIN aumenta en tres unidades. Así, unha película de 22 DIN ten o dobre de sensibilidade que unha de 19 DIN. Con todo, este sistema permite fraccionar a sensibilidade en terzos de diafragma dunha forma moito máis precisa que co sistema ASA, co que o control da exposición é máis preciso (se partimos dun Filme de sensibilidade 19 DIN, un de 20 DIN terá unha sensibilidade 1/3 de diafragma maior, un de 21 DIN 2/3 de diafragma maior e, por fin, unha de 22 DIN ten 1 diafragma máis de sensibilidade).
ISO
[editar | editar a fonte]O sistema ISO, é en realidade a fusión dos sistemas ASA e DIN, pois nel indícanse ambos os valores (así, por exemplo, unha película terá unha sensibilidade ISO 100/21 ).
Equivalencias de escalas de sensibilidade
[editar | editar a fonte]As equivalencias das escalas ASA, ISO, DIN e GOST soviética móstranse no seguinte cadro:
ASA/ISO DIN GOST 16 13 11 32 16 27 64 19 55 125 22 110 200 24 160 400 27 360 800 30 720 1200 32 1125 2000 34 1800
Como resumo do anterior podemos dicir que un número da escala alto indica que o valor da sensibilidade da película é grande, polo que a igual cantidade de luz na escena e fronte a unha película de valor de sensibilidade baixo menor será o tempo que requirirá para impresionar a emulsión. ide:Kecepatan filme non:Filmhastighet