Hô Chi Minh
Nome orixinal | (vi) Hồ Chí Minh |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (vi) Nguyễn Sinh Cung 19 de maio de 1890 Kim Liên (Indochina Francesa) |
Morte | 2 de setembro de 1969 (79 anos) Hanoi (Vietnam do Norte) |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Mausoléu de Ho Chi Minh (pt) |
General Secretary of the Communist Party of Vietnam (en) | |
1 de novembro de 1956 – 10 de setembro de 1960 ← Truong Chinh (pt) – Lê Duẩn (pt) → | |
Membro da Asemblea Nacional de Vietnam | |
2 de marzo de 1946 – 2 de setembro de 1969 | |
Presidente do Vietname (pt) | |
2 de setembro de 1945 – 2 de setembro de 1969 ← Bao Dai (pt) – Tôn Đức Thắng (pt) → | |
Primeiro ministro de Vietnam | |
2 de setembro de 1945 – 20 de setembro de 1955 ← Trần Trọng Kim (en) – Phạm Văn Đồng → | |
Datos persoais | |
Residencia | Hanoi |
Relixión | Religião tradicional vietnamita (pt) |
Educación | Universidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente (pt) Quoc Hoc – Hue High School for the Gifted (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | París Hanoi |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de Vietnam (1951–) Indochinese Communist Party (en) (1930–1945) Partido Comunista Francés (1921–1925) Sección Francesa da Internacional Obreira (1919–1921) |
Pseudónimo literario | Nguyễn Ái Quốc Hồ Chí Minh Nguyễn Tất Thành |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Guerra do Vietnam Guerra de Indochina |
Familia | |
Pais | Nguyễn Sinh Sắc e Hoàng Thị Loan |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 6 (en) , (p.545) Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
|
Hô Chi Minh[1] (vietnamita Hồ Chí Minh), de verdadeiro nome Nguyễn Sinh Cung, e coñecido como Bác Hồ (Tío Ho), nado en Kim Liên o 19 de maio de 1890 e finado en Hanoi o 2 de setembro de 1969, foi un político, escritor, poeta e revolucionario vietnamita, Presidente de Vietnam do Norte (1954 - 1969).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Recibiu o nome de Nguyễn Tất Thành aos 10 anos. Aos 15 anos emigrou a Europa, onde se adheriu ao comunismo durante a súa estadía en Francia (1915 - 1923). En 1919, Hô Chi Minh tentou solicitar na conferencia de Versalles igualdade de dereitos para a colonia de Indochina. Membro fundador do PCF, trasladouse a Moscova. Máis tarde foi enviado polo Komintern a Hong Kong, onde fundou o Partido Comunista de Indochina tralas revoltas de 1930 en Vietnam.
Adoptou o nome de Hô Chi Minh, o que ilumina, e volveu ao seu país en 1941. Xa en Vietnam formou o Viet Minh (Viet Nam Da Lap Dong Minh Hoi, Liga para a Independencia de Vietnam) ao que se adheriron grupos nacionalistas, con Vo Nguyen Giap ao mando dos grupos armados.
Declaración de Independencia e guerra
[editar | editar a fonte]O 2 de setembro de 1945 declarou a independencia de Vietnam, mais ao non aceptala Francia na conferencia de Fontainebleau, en decembro de 1946 desatouse a guerra. Trala vitoria de Dien Bien Phu (7 de maio de 1954), foi proclamado Presidente da República Democrática de Vietnam. Ao non convocarse o referendo sobre a unificación dos dous estados, en 1959 ordenou o apoio ás guerrillas que xa actuaban dende o ano anterior en Vietnam do Sur. Formouse así a Fronte Nacional de Liberación (FNL), o que provocou a intervención dos EUA, guerra que Hô Chi Minh non vería rematada.
Durante moitos anos viviu nunha pequena casa, malia os ofrecementos do goberno de trasladarse a un mellor domicilio.
En 1975, Saigón foi renomeada Cidade de Ho Chi Minh (Thành Phố Hồ Chí Minh).
Precedido por Bảo Đại
|
Presidente da República Democrática de Vietnam 2 de setembro de 1945 – 2 de setembro de 1969 |
Sucedido por Tôn Đức Thắng |
Precedido por Trần Trọng Kim
|
Primeiro Ministro da República Democrática de Vietnam 2 de setembro de 1945 – 20 de setembro de 1955 |
Sucedido por Phạm Văn Đồng |
Precedido por Título novo
|
Presidente do Partido Comunista de Vietnam 1951 – 1969 |
Sucedido por Ninguén |
Precedido por Trường Chinh
|
Secretario Xeral do Partido Comunista de Vietnam 1956 – 1960 |
Sucedido por Lê Duẩn |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hô Chi Minh". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1064.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hô Chi Minh |