Milán
Milan (lmo) | |||||||||||
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
País | Italia | ||||||||||
Rexión | Lombardía | ||||||||||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Milán | ||||||||||
Capital de | |||||||||||
Contén a división administrativa | Municipio 1 (en) Municipio 2 (en) Municipio 3 (en) Municipio 4 (en) Municipio 6 of Milan (en) Municipio 8 (en) Municipio 9 (en) Zone 5 of Milan (en) Zone 7 of Milan (en) | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 1.354.196 (2023) (7.454,15 hab./km²) | ||||||||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 181,67 km² | ||||||||||
Bañado por | Naviglio della Martesana (en) | ||||||||||
Altitude | 138 m | ||||||||||
Comparte fronteira con | Assago (pt) Rho (pt) Peschiera Borromeo (pt) Pero (pt) Opera (pt) Rozzano (pt) Segrate (pt) San Donato Milanese (pt) Settimo Milanese (pt) Sesto San Giovanni Trezzano sul Naviglio (pt) Novate Milanese (pt) Cormano (pt) Bresso (pt) Baranzate (pt) Arese (pt) Cusago (pt) Buccinasco (pt) Cologno Monzese (pt) Cesano Boscone (pt) Corsico (pt) Vimodrone (pt) | ||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Creación | c. 600 a. C. | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Santo padrón | Ambrosio de Milán | ||||||||||
Organización política | |||||||||||
Órgano executivo | municipal executive board of Milan (en) | ||||||||||
• Mayor of Milan (en) | Giuseppe Sala (pt) (2016–) | ||||||||||
Órgano lexislativo | City Council of Milan (en) Circunscrición: sen valor, (Escano: 49) | ||||||||||
Membro de | |||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 20121, 20122, 20123, 20124, 20125, 20126, 20127, 20128, 20129, 20131, 20132, 20133, 20134, 20135, 20136, 20137, 20138, 20139, 20141, 20142, 20143, 20144, 20145, 20146, 20147, 20148, 20149, 20151, 20152, 20153, 20154, 20155, 20156, 20157, 20158, 20159, 20161 e 20162 | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Prefixo telefónico | 02 | ||||||||||
Identificador ISTAT | 015146 | ||||||||||
Código catastral italiano | F205 | ||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Páxina web | comune.milano.it | ||||||||||
Milán[1] (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Historia
[editar | editar a fonte]Suxeriuse que "Historia de Milán" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
- Véxase tamén: Historia de Milán.
Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.
Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- A Catedral de Milán (Duomo di Milano), de estilo gótico, mide 157 metros de lonxitude. Situada no centro exacto da cidade, comezou a ser construída en 1386 sobre os restos dunha antiga basílica do século V, e non foi rematada até o século XIX.
- A Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II).
- O Teatro da Scala (Teatro alla Scala).
- O Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco).
- O Palacio Real de Milán (Palazzo Reale).
- A Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio) e unha das igrexas mais antigas de Italia, construída entre os anos 379 e 386.
- O Palacio Mezzanotte (Palazzo Mezzanotte) é un edificio do século XX que acolle no seu interior a Bolsa Italiana.
- Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie) é unha igrexa declarada Patrimonio da Humanidade en 1980, que acolle no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Catedral de Milán.
-
Galería Víctor Manuel II.
-
Teatro da Scala.
-
Castelo Sforzesco.
-
Palacio Real.
-
Basílica de San Ambrosio.
-
Palacio Mezzanotte.
-
Sta.María da Gracia.
Economía
[editar | editar a fonte]Bolsa de Milán
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Demografía
[editar | editar a fonte]A comuna ten 1 324 110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7 400 000 (segundo a OECD).
É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh.
Deportes
[editar | editar a fonte]Fútbol
[editar | editar a fonte]A cidade ten dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro:
- AC Milan (18 Scudettos e 7 Copas de Europa)
- FC Internazionale (18 Scudettos e 3 Copas de Europa)
Outros deportes
[editar | editar a fonte]- Baloncesto - Olimpia Milano
- Ciclismo - Giro de Italia, Milán-San Remo
- Rugby - Amatori Milano
- Fórmula 1 - Circuíto de Monza
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milanés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Milán |