Saltar ao contido

Conversa usuario:Sobreira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Revisión feita o 20 de decembro de 2007 ás 11:27 por Aricum (conversa | contribucións) (lamia)

Ola

  • Ola!, Sobreira, moi boas. A verdade é que hai tempo metín unhas cantas entradas novas case a pelo e cansei un pouco (100 novas ou cerca debín facer), e estes días estiven argallando un pouco, e mellorando algunhas, porque vexo que hai moitas que poñen completar (o significado). Dá un pouco lástima que o dicionario galego estea algo estancado desque chegou ás 15.000 entradas, pero é o que hai. Agora contesto as preguntas.
  • En xeral traballei a pelo, só que usaba algún modelo de sustantivo, adxectivo e verbo para non teclear todo, porque o modelo desas tres clases de palabra serve para moitas. Iso facíao cando me puxen en serio aí atrás, estes días máis ben estiven argallando (no sentido de enredar e non no de idear).
  • Paréceme ben usar o que sexa (Access p. ex.) para aforrar traballo, porque a informática é para facer máis cousas traballando menos. Eu non controlo moito o Access, teño entrado nel e curioseado un pouco, pero nunca traballei en serio con el.
  • Non sei nada de listados, índices ou vocabularios que non teñan dereitos de autor (síntoo).
  • No de repartirmos traballos ou compartir informacións ou atallos, paréceme unha moi boa idea, ben, tu xa a aplicache, mais non quero implicarme en nada moi serio porque me custa ser constante (agás que encontre satisfaccións persoais facendo melloras significativas con moi pouco tempo empregado nas tarefas). Mais, dialogar e facer propostas está moi ben. Xa vexo que tu tamén andas liado, e iso non é mau.
  • Ao mellor falar na Taberna ou deixar algún comentario podería estar ben, pois sempre podería implicarse algunha persoa máis (sería unha sorte).

Un saúdo e moita saúde, Sobreira, --Xoán Carlos Fraga 20:09, 25 novembro 2006 (UTC)

  • Pois paréceme que estás dándolle unha boa mellora ao Galicionario, moito ben. Pois no que respeta a

traballar en equipo ou compartindo ideas, paréceme ben (repito o dito na mensaxe anterior, xa o sei, pero son un experto en me repetir). Se vexo ou penso en algo interesante, xa cho digo. Veña, un moi cordial sáudo (penso que na orixe da palabra saúdo ten algo que ver a saúde, digo eu), veña, cóidate. --Xoán Carlos Fraga 20:56, 25 novembro 2006 (UTC)

Grazas

Levaba uns días sen pasar por aquí e cando entrei hoxe vin o gran traballo que estás facendo. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert 14:32, 26 novembro 2006 (UTC)

Prebot

Nos próximos días configurarei a Prebot para que traballe tamén no Galizionario, podes usar a páxina de Prebot aquí para deixarlle tarefas. Semella que imos ter moito traballo con maiúsculas e minúsculas. Un cordial saúdo. --Prevert 14:46, 26 novembro 2006 (UTC)

Vocabulario

  • Ola, Sobreira. Curioseando, deime de conta de que teño un listado de léxico d´Os vellos non deben de namorarse (unhas 45 palabras), confeccionado por min mesmo e co significado explicado. Igual se pode aproveitar algo. Un saúdo.--Xoán Carlos Fraga 13:37, 27 novembro 2006 (UTC)

Bot flag

Xusto meu, eu non a dera atopado :D. Grazas! --BaNjO tell me 10:21, 30 outubro 2007 (UTC)

Bot

Ola Sobreira, en canto teña un momento xa che aprendo a usar o bot. Grazas por axudar a revivir o Galizionario. Un cordial saúdo. --Prevert 20:39, 30 outubro 2007 (UTC)

saúdos

Ola, Sobreira. Tentarei seguir as túas indicacións sobre maiúsculas e minúsculas. Quero darvos ánimos a ti e a todos para que participedes neste proxecto, agora algo parado, que a min me ilusionou moito durante máis dun ano. Agora non teño tanto tempo libre, mais tentarei contribuir no que poida. Un saúdo.--Aricum 17:48, 1 novembro 2007 (UTC)

Python e Benvida

Sobre Python: Non é preciso aprender Python para facer funcionar o bot.

Sobre Benvida: Penso que non hai ningún modelo para as benvidas, polo menos que lembre neste momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:24, 2 novembro 2007 (UTC)

Dixechelo ben, non fai falta aprendelo (polo menos para utilizar as funcións comúns de pywikipedia) pero si hai que telo. Polo demais encantado de que esteas contribuíndo a que o Galizionario reviva :-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:25, 2 novembro 2007 (UTC)

Nomes latinos

Estaba revisando o modelo para aves e decateime de que as entradas dos nomes latinos están en minúscula, imos ter que engadir movelos a maiúscula á cola de tarefas dos bots. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:32, 3 novembro 2007 (UTC)

Sorry, non o vira. Quedo á espera do tema dos superíndices —un bo descubrimento—. Greetings to Botsobreira. Un cordial saúdo. --Prevertgl 01:32, 4 novembro 2007 (UTC)
Grazas pola referencia e mágoa polos superíndices. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:59, 4 novembro 2007 (UTC)
Hi! Are you online? --Prevertgl 21:30, 4 novembro 2007 (UTC)

Fixen algunhas probas xa che informarei dos avances en cando teña un pouco de tempo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:57, 5 novembro 2007 (UTC)

-gl-

Ola, Sobreira. Encantado de ter un compañeiro "dicionarista". A ver se entendo: a maioría das palabras non precisan ligazón á Galipedia, por tanto, o modelo -gl- pasará a non ter esa ligazón. É as que si o precisen serán cambiadas por un bot a -glref-. Semella boa idea, o que non sei é como o bot vai diferenciar unhas de outras, non entendo moito de bots, mais se ti o tes claro paréceme unha boa idea. a mágoa, e decátome agora, revisando artigos, é que hai moitas entradas sen -gl-, por exemplo no Wiktionary:Apéndice de anatomía. o teu bot sería quen de introducirlle o modelo axeitado? Alédome de terte por aquí. Un saúdo. Aricum 16:10, 6 novembro 2007 (UTC)

Pronuncia

Ola, Sobreira, quería pedir a túa opinión sobre onde se debería colocar a pronunciación das entradas no modelo de artigo. Eu non entendo de fonética, mais deberiamos ter en conta o seu lugar para futuros dicionaristas. Creei o modelo pronuncia seguindo o exemplo do español, e coloqueino provisionalmente en galego para ter unha idea do que fai se existe a pronuncia, tamén o puxen en átomo para ver o que fai se non temos a pronuncia (categoriza a palabra). En principio, a fonética está situada despois de -gl-, agás en galego debido a ese novo modelo -glsm- que non me permite colocalo mellor. A ver que che parece :). Un saúdo.Aricum 22:04, 9 novembro 2007 (UTC)

OmegaWiki

Olá. É só para te dizer que já podes editar palavras no OmegaWiki. Abraço, 85.243.21.244 12:50, 11 novembro 2007 (UTC) User:Malafaya

-etim-

Ola, xa me decatei de que as entradas antigas se marcan na categoría sen etimoloxía, aínda que teñan a etimoloxía fóra. Non é malo. Así témolas listadas e podémolas amañar(metelas dentro dos [ ] ), hai unhas catrocentas, non son excesivas para un cambio manual. Pero antes de cambiar nada debemos estar dacordo co modelo de artigo que desexamos, para non cambiar 50 veces a mesma cousa. A min gústame a etimoloxía nunha mesma liña. Podémoslle eliminar o punto de lista. Para a defición, creo que é mellor números de lista (pode haber varias dentro da mesma categoría de palabra) e sen debuxo. En xeral, gústame o modelo que estás a deseñar en User:Sobreira/modelo. Un saúdo.Aricum 11:07, 13 novembro 2007 (UTC)

notice on de.wiktionary-mainpage-talk

Ola Sobreira, thanks for the message, I answered You there, un cordial saúdo, --paxaro (:> )=| 20:57, 16 novembro 2007 (UTC)

Un novo template?

Ola, Sobreira. quería facerche unha consulta lingüística, parece que ti controlas bastante diso. Estiven revisando algún dos artigos que fixen e atopei o seguinte problema en entradas como golpe de estado, estado federal, estado de excepción,etc, que califiquei como expresión co modelo -expres-. Tamén hai entradas como frauta de Pan, frauta traveseira, instrumento de vento ou rhythm and blues Que califiquei como substantivos???. A pregunta sería: non era mellor chamarlles sintagma nominal?, Expresión?, Sustantivo femenino compuesto???? (é a forma bastante longa usada polo wikcionario español) ou quizais outra forma?
Tamén estiven pensando no modelo de artigo, a última mensaxe que me enviaches, mais, síntoo, aínda non me decidín por ningunha opción, non sei que facer, igual se precisaba a opinión de máis dicionaristas. Un saúdo.--Aricum 12:04, 19 novembro 2007 (UTC)

Ola Sobreira. Botsobreira foi aprobado en Wiktionary:Bots/Peticións de aprobación, agora ten o status de bot no Galizionario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:00, 20 novembro 2007 (UTC)

Aricumbor

Ola, Sobreira, alégrome de terte por aquí outra vez. Teño unha pequena cantidade de información organizada (definición, termos relacionados,) que penso subir co bot (cando sexa quen de poñelo a andar que de momento non son, fállame o login.py) Que sorpresa tes? Sorpréndeme, profabor :)Aricum 23:25, 28 novembro 2007 (UTC)

Bandeiras

Que che parece o sistema que teñen no proxecto francés para marcar as linguas? Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:56, 29 novembro 2007 (UTC)

:-) Non o dixen porque non me gustara, dixeno porque estaba vendo uns interwikis e paréceume boa idea que a lingua funcione como un separador, máis nada. Por iso preguntaba, non para que desfixeras o traballo que levas feito que me parece moi bo, non fai falta dicilo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:27, 29 novembro 2007 (UTC)

vede tamén e ver tamén

Boas meu. Creo que xa está o que me pediches, pero por si acaso revisa se podes. Difícil non foi, pero levoume un chisco de tempo dar cunha expresión regular que me servise para aforrar traballo e poñer o comando do bot todo nunha liña :). Se necesitas algo máis ou ai que dar outra pasada avísame. Un saúdo --BaNjO tell me 23:48, 30 novembro 2007 (UTC)

substantivo, femenino

Creo que está feito, botalle unha revisada por si acaso :) --BaNjO tell me 20:16, 6 decembro 2007 (UTC)

  • Acabo de poñer ao bot a chollar. Estou facendo unha guía para bots nunha subpáxina de usuario da miña páxina na Gali, espero rematala esta semana ou a que vén como moi tarde, cando teñas algunha dúbida sobre os bots non dubides en preguntarme :) --BaNjO tell me 21:46, 11 decembro 2007 (UTC)

Lamia

Ola, Sobreira. Estiven mirando a entrada lamia. Estiven buscando algún exemplo no que se precisasen dúas etimoloxías na mesma páxina. Non hai moitas, a maioría das palabras non precisan dúas etimoloxías, aínda que si hai algunhas. Para eses casos minoritarios eu proporía facer como fan os dicionarios, exemplo Xerais laranxa: dúas entradas separadas nunha mesma páxina. Na mesma páxina aparecería copar coa marca {{gl}}, {{etim|a que corresponda}}, definición, etc. Máis abaixo aparecería copar repetindo {{gl}}, {{etim| outra distinta}}, definición, etc. Vou facer a entrada copar para que o vexas máis claro, a ver que che parece, Un saúdo.Aricum 11:27, 20 decembro 2007 (UTC)