Batalla de Aylesford
Batalla de Aylesford | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Líderes | |||||||
Hengest Horsa † |
Posibelmente algún dos seguintes: Vortigern Vortimer Catigern † | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Descoñecidas | Descoñecidas |
A Batalla de Aylesford ou Epsford (anglosaxón: Æȝelesford) foi unha batalla entre os britanos e os anglosaxóns rexistrada na Crónica anglosaxoa e a Historia Brittonum. Ambas as fontes coinciden en que involucrou aos caudillos Hengest e Horsa por unha banda e á familia de Vortigern pola outra, pero ningunha menciona quen gañou a batalla. Esta ocorreu preto de Aylesford en Kent.
Historia
[editar | editar a fonte]A Crónica anglosaxoa (s. IX) menciona a batalla na entrada para o 455. Segundo o texto, os caudillos anglosaxóns Hengest e Horsa combateron contra Vortigern, rei dos britanos. Horsa atopou a morte, e Hengest e o seu fillo Oisc convertéronse nos reis de Kent:
Her Hengest 7 Horsa fuhton wiþ Wyrtgeorne þam cyninge, in þære stowe þe is gecueden Agællesþrep, 7 his broþur Horsan man ofslog; 7 æfter þam Hengest feng to rice 7 Æsc his sunu.Neste ano Hengest e Horsa loitaron contra Wurtgern o rei no lugar ao que chaman Aylesford. Morrendo o seu irmán Horsa alí, Hengest, despois disto, tomou o reino co seu fillo Æsc[1].
A Historia Brittonum, escrita tamén no século IX, contén unha explicación distinta da batalla. Os capítulos 43-45 indican que o fillo de Vortigern, Vortimer, e non o propio Vortigern, se alzou contra os saxónse e se enfrontou a eles en catro batallas. A terceira destas batallas librouse "no Vao [inglés: Ford], chamado Epsford no seu idioma, e Set thirgabail no noso"[2]. Nesta batalla Horsa morreu, así como o irmán de Vortimer Catigern. A Historia non di quen gañou a batalla, dicindo especificamente que durante a campaña de Vortimer os saxóns "ás veces ampliaron as súas fronteiras mediante a vitoria, e outras veces foron conquistados e fixéronos retroceder". De acordo ao texto, os britanos expulsaron con éxito aos saxóns na cuarta batalla, librada "preto da roca na beira do mar gálico". Con todo, a morte de Vortimer pouco despois asegurou que a vitoria durase pouco. A explicación da Crónica anglosaxoa é igualmente desalentadora para os britanos, dicindo que eles foron forzados a abandonar Kent pola seguinte vitoria sanguenta de Hengest e Oisc en Crayford en 457[3].
Dúas tumbas de cámara do neolítico preto de Aylesford, Kit's Coty House e White Horse Stone, identifícanse na tradición local como os sitios onde enterraron a Catigern e Horsa respectivamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crónica anglosaxoa, 455. (en inglés)
- ↑ Historia Brittonum, ch. 43–45. (en inglés)
- ↑ Crónica anglosaxoa, 457. (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Anglo-Saxon Chronicle: A Collaborative Edition. Vol. 3: MS. A. Cambridge. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-103-9.