Saltar ao contido

Vortimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVortimer
Biografía
Nacemento402 Editar o valor en Wikidata
Britania, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte453 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Legendary king of Britain (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaQ4161886 Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosMateriana de Gwent Editar o valor en Wikidata
PaisVortigern Editar o valor en Wikidata  e Sevira Editar o valor en Wikidata
IrmánsCatigern
Pascent Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Fendigaid-3


Vortimer (galés: Gwerthefyr) é unha figura da tradición británica, un fillo do gobernante britano do século V Vortigern. É lembrado pola súa fera oposición cara aos aliados saxóns do seu pai. Na Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, derroca ao seu pai e goberna como un dos reis de Britania durante un breve período de tempo antes de que a súa morte devolva a Vortigern ao poder.

Rexistros

[editar | editar a fonte]

Vortimer aparece por primeira vez na obra do século IX coñecida como a Historia Brittonum. Segundo a Historia, Vortigern permite aos saxóns baixo Hengest e Horsa asentárense na illa de Thanet, e ofrécelles provisións a cambio dos seus servizos como mercenarios[1]. Vortigern pronto se mostra como un "rei ignorante", e o astuto Hengest manipúlao para que ceda máis terras e permita a máis colonos vir de Alemaña[2]. Tras un terríbel período de invasión saxoa, exacerbado por un comportamento incluso máis vergoñento por parte de Vortigern, Vortimer levántase finalmente contra os saxóns. El fainos retroceder até Thanet, e enfróntaos en catro batallas. Na terceira batalla Horsa e o irmán de Vortimer Catigern morren; na cuarta faise retroceder aos saxóns até o mar[3]. Pouco despois, con todo, morre Vortimer. Pide aos seus seguidores que o enterren no lugar onde os saxóns desembarcaron en Britania por primeira vez como un tótem para evitar futuras invasións. Con todo, os seus seguidores non fixeron caso á súa advertencia e os saxóns retornaron[4].

Tres dos lugares das batallas de Vortimer teñen nome, e parecen ter correlación coas batallas de Kent que aparecen na Crónica anglosaxoa. A Crónica non cita a Vortimer, e de feito recoñece a Vortigern como o líder britano nunha das batallas.

O material lendario na Historia Britonum foi lixeiramente expandido tras a Historia regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, un reconto ficticio dos gobernantes de Britania. Aquí os britanos abandonan a Vortigern e alzan a Vortimer como rei de Britania. Despois de expulsar aos saxóns, Vortimer é envelenado pola súa madrasta Rowena (unha saxoa) e Vortigern recupera a coroa. Segundo a tradición, é pai de Materiana.