Les Parapluies de Cherbourg
Les Parapluies de Cherbourg | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Les Parapluies de Cherbourg |
Director | Jacques Demy |
Produtor | Mag Bodard |
Guión | Jacques Demy |
Intérpretes | |
Música | Michel Legrand |
Fotografía | Jean Rabier |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 19 de febreiro de 1964 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Francia Alemaña Occidental[1] |
Xénero | Drama romántico e musical |
Recadación | 7,6 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Les Parapluies de Cherbourg é un filme musical de 1964 producido entre Francia e Alemaña do Oeste[3] que foi escrito e dirixido por Jacques Demy, con música e letra de Michel Legrand. Catherine Deneuve e Nino Castelnuovo protagonizan a dous amantes na cidade francesa de Cherbourg, separados polas circunstancias que lles tocou vivir. O diálogo do filme cántase enteiramente como un texto recitativo, incluída a conversación casual, e é cantado ou composto, como algunhas óperas e musicais escénicos.[4] Foi considerado como a parte central dunha "triloxía romántica" informal de Demy cuxos filmes comparten algúns dos mesmos actores, personaxes e aspecto xeral, situándose despois de Lola (1961) e antes de Les Demoiselles de Rochefort (1967).
Les Parapluies de Cherbourg gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1964. Nos Estados Unidos, estivo nomeado a catro Premios Óscar, incluíndo mellor filme internacional, mellor guión orixinal (Demy) e mellor banda sonora (Demy e Legrand). O tema principal do filme, "Je ne pourrai jamais vivre sans toi", foi nomeado ao Óscar á mellor canción orixinal.
En 2018, unha enquisa de críticos de BBC Culture clasificaron o filme entre os 100 mellor filmes de todos os tempos en lingua non inglesa.[5]
Argumento
A acción transcorre entre 1957 e 1963. Divídese en tres partes e escenas cronolóxicas.
- A partida: a viúva Madame Emery e a súa filla Geneviève sobreviven vendendo paraugas na súa corida tenda do porto de Cherburgo. Geneviève está namorada de Guy, un mecánico quen a pouco de coñecela debe partir ao servizo militar na guerra de Alxeria.[6]
- A ausencia: Geneviève quedou embarazada de Guy. A súa nai ínstaa a casar con Rolando, un rico xoieiro que está namorado dela e desexoso de casar aínda sabendo que espera un fillo doutro home. Casan e múdanse a París.
- O regreso: Guy regresa. Foi ferido na guerra, traballa brevemente no taller mecánico e casa con Madeleine, a doce enfermeira que coida a tía que o criou e que, a diferenza de Geneviève, o esperou os dous anos que estivo destacado en Alxeria. A tía morre e coa herdanza Guy compra unha estación de servizo.
Na última escena, anos despois, é nadal, e Guy está felizmente casado, ten un fillo (François) e atende a rica Genevieve na súa estación de servizo. O breve encontro será o último; a nena que acompaña a Geneviève é obviamente a filla de Guy: chámase Françoise. Cada un seguirá a súa vida.[7]
Personaxes
- Catherine Deneuve como Geneviève Emery
- Nino Castelnuovo como Guy Foucher
- Anne Vernon como Madame Emery
- Marc Michel como Roland Cassard
- Ellen Farner como Madeleine
- Mireille Perrey como Aunt Élise
- Harald Wolff como M. Dubourg
- Jean Champion como Aubin
- Pierre Caden como Bernard
- Jean-Pierre Dorat como Jean
- Jane Carat como Ginny
- Jean-Pierre Chizat como Pierre
- Gisèle Grandpré como Madame Germaine
- Hervé Legrand como François
- Rosalie Varda como Françoise
- Dorothée Blanck como rapazá na cafetería
Notas
- ↑ "Les Parapluies de Cherbourg". Londres: British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de decembro de 2012.
- ↑ "Les Parapluies de Cherbourg", JP's Box-Office.
- ↑ "The Umbrellas of Cherbourg (1964)". BFI (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
- ↑ The Criterion Collection
- ↑ "The 100 greatest foreign-language films". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2021-07-14.
- ↑ "YouTube - Les Parapluies de Cherbourg".
- ↑ "YouTube - Ending of "The Umbrellas of Cherbourg"".
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Les Parapluies de Cherbourg |
Outros artigos
- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 37ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
- Les Parapluies de Cherbourg na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)