8 femmes
8 femmes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 8 femmes |
Director | François Ozon |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Huit femmes de Robert Thomas |
Intérpretes | |
Música | Krishna Levy |
Fotografía | Jeanne Lapoirie |
Montaxe | Laurence Bawedin |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | París: 8 de xaneiro de 2002 |
Duración | 111 minutos[1] |
Orixe | Francia Italia |
Xénero | Comedia negra e musical |
Orzamento | 8,5 millóns de euros[2] |
Recadación | 42,4 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.gaga.co.jp/cinemas/detail/231 | |
8 femmes é un filme franco-italiano de 2002 escrito e dirixido por François Ozon. Está protagonizado por Catherine Deneuve, Isabelle Huppert, Emmanuelle Béart, Fanny Ardant, Virginie Ledoyen, Danielle Darrieux, Ludivine Sagnier e Firmine Richard. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Década de 1950. Durante os preparativos para o Nadal nunha casa de campo asasinan o dono da mansión. Oito mulleres relacionadas con el están presentes: a esposa Gaby, as súas fillas Suzon e Catherine, a histérica cuñada Augustine, a irmá Pierrette, a avara sogra Mamy, a ama de chaves Madame Chanel e a criada Louise. Desde ese momento iníciase unha longa e dura xornada de investigación, salpicada de discusións, liortas e revelacións, en que se demostra que todas gardan segredos que as converten en sospeitosas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Danielle Darrieux como Mamy
- Isabelle Huppert como Augustine
- Catherine Deneuve como Gaby
- Fanny Ardant como Pierrette
- Emmanuelle Béart como Louise
- Virginie Ledoyen como Suzon
- Ludivine Sagnier como Catherine
- Firmine Richard como Madame Chanel
- Dominique Lamure como Marcel
- Romy Schneider como o fotógrafo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "8 FEMMES (15)". British Board of Film Classification. 25 de outubro de 2002. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "8 Femmes (8 Women) (2002)". JP's Box-Office. Consultado o 12 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 8 femmes na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)