HMS Hood (51)
HMS Hood | |
---|---|
O HMS Hood en 1924 | |
Historial | |
Estaleiro | John Brown & Company |
Clase | Admiral |
Tipo | cruceiro de batalla |
Autorizado | 7 de abril de 1916 |
Posta en grella | 1 de setembro de 1916 |
Botado | 22 de agosto do 1918 |
Asignado | 15 de maio de 1920 |
Baixa | 24 de maio de 1941 |
Destino | afundido polo Bismarck na batalla do Estreito de Dinamarca |
Características xerais | |
Desprazamento | 46.680 t a plena carga |
Eslora | 262,3 metros |
Manga | 31,8 metros |
Calado | 9,8 metros |
Sensores | • Radar de alerta aérea Tipo 279 • Radar de tiro Tipo 284 |
Blindaxe | • Cinto: 305–152 mm • Cuberta : 19–76 mm • Barbetas: 305–127 mm • Torretas: 381–279 mm • Torre de mando: 279–229 mm • Tabiques: 102–127 mm |
Propulsión | • Turbinas de vapor Brown-Curtis • 24 caldeiras acuatubulares Yarrow • 4 hélices de 3 pas, ø6 metros |
Potencia | 144.000 CV (107.000 kW) |
Velocidade | • 1920: 31 nós (57 km/h) • 1941: 28 nós (52 km/h) |
Autonomía | 1931: 5332 mn a 20 nós |
Tripulación | • 1919: 1433 • 1934: 1325 |
Aeronaves | 4 hidroavións |
O HMS Hood foi o derradeiro cruceiro de batalla construído para a Royal Navy. Formaba parte dun dos catro cruceiros de batalla clase Admiral ordenados a mediados de 1916, aínda que o seu deseño foi drasticamente revisado despois da batalla de Xutlandia e mellorado cando estaba en construción, cando aínda tiña serias limitacións. Por esta razón foi o único barco da súa clase en ser completado. Foi chamado así polo almirante do século XVIII Samuel Hood.
Construción
A construción do Hood iniciouse nos estaleiros John Brown & Company en Clydebank, Escocia, o día 1 de setembro de 1916. Despois da perda de tres cruceiros de batalla británicos na batalla de Xutlandia, engadíronse 5.000 toneladas extra de blindaxe e reforzos ao deseño do buque. O máis grave era que a protección da cuberta era defectuosa, repartida en tres dos pisos, estaba deseñada para que un proxectil que impactase detonase no piso de arriba, sendo a meirande parte da súa enerxía absorbida e o resto repartida polas dúas cubertas inferiores. O desenvolvemento de efectivos proxectis con mecanismo de retardo a finais da primeira guerra mundial fixo este esquema moito menos efectivo, xa que o proxectil intacto podería penetrar a través de varias capas de blindaxe débil e estoupar no interior do barco. Ademais, excedeu en moito o peso en comparación do deseño orixinal, o que o facía un buque pouco maniobrable e con moita tensión estrutural.
Foi botado o 22 de agosto de 1918 pola viúva do contraalmirante Sir Horace Hood, un tatara-tatara-neto do almirante Samuel Hood, polo que foi bautizado o barco. Sir Horace Hood morrera mentres comandaba o 3rd Battlecruiser Squadron no HMS Invincible, un dos tres cruceiros de batalla que estouparon na batalla de Xutlandia. Co fin de facer espazo no estaleiro John Brown para a construción de mercantes, o Hood navegou cara Rosyth para completar o seu acondicionamento o 9 de xaneiro de 1920. Despois das probas de mar, foi asignado o 15 de maio dese mesmo ano baixo o mando do capitán Wilfred Tompkinson. A súa construción custara 6 025 000£. Coas súas chamativas chemineas xemelgas e o seu perfil delgado, o Hood foi recoñecido como un dos buques de guerra máis bonitos construído. Tamén foi o maior barco de guerra a frote cando se asignou, e mantivo esta distinción durante os seuintes 20 anos. O seu tamaño e potente armamento de grande alcance valéronlle o alcume de "Mighty Hood" (poderoso Hood), converténdose así nun símbolo do Imperio Británico.
Historia
A construción do Hood comezou nos estaleiros John Brown & Company en Clydebank, Escocia, o 1 de setembro de 1916. Despois da perda de tres cruceiros de batalla británicos na batalla de Xutlandia, foron engadidas 5.000 toneladas de bliandaxe e reforzos extra ao deseño do Hood. Principalmente reforzouse a protección da cuberta, que foi distribuída en tres pisos, deseñada para que un impacto detonase no primeiro piso, sendo a meirande parte da enerxía absorbida ao penetrar o proxectil nas seguintes dúas cubertas. O desenvolvemento de efectivos proxectís con retardo de tempo a finais da primeira guerra mundial fixo este esquema moito menos efectivo, xa que o proxectil intacto podería penetrar capas de blindaxe débil e estoupar dentro do barco.
Foi botado o 22 de agosto de 1918 pola viúva do almirante Sir Horace Hood, un tataraneto do almirante Samuel Hood, por quen foi bautizado o barco.
O Hood participou nun feixe de exercicios entre a súa asignación en 1920 e o comezo da segunda guerra mundial en 1939; entre os que se inclúen exercicios de adestramento no mar Mediterráneo e unha viaxe ao redor do mundo co Special Service Squadron en 1923 e 1924. Co estoupido da segunda guerra italo-etíope uniuse á Frota do Mediterráneo, e cando empezou a guerra civil española foi asignado oficialmente a esta frota, ata que en 1939 tivo que regresar a Inglaterra para unha revisión. Nese momento da súa carreira, o Hood atopábase algo desfasado debido ao avances da artillaría naval. Programouse sometelo a unha importante reconstrución en 1941 para corrixir estes defectos, pero o estoupido da segunda guerra mundial forzou que o barco permanecese en servizo sen estas melloras.
Cando se declarou a guerra con Alemaña en setembro de 1939, o Hood estaba operando nos arredores de Islandia, e pasou os seguintes meses entre esa illa e o mar de Noruega asaltando barcos mercantes alemáns e realizando bloqueos comerciais. Despois dunha breve revisión do seu motor, navegou como buque insignia da "Force H", e participou na destrución da frota francesa en Mers-el-Kebir. Revelado como buque insignia da "Force H", o Hood foi enviado a Scapa Flow e operou nesa zona como escolta de convois e posteriormente como defensa contra unha potencial frota alemá de invasión. En maio de 1941, ao lado do HMS Prince of Wales, foi enviado a interceptar ao acoirazado alemán Bismarck que estaba en ruta para atacar convois no Atlántico. O 24 de maio de 1941 o Hood foi alcanzado por varios proxectís alemáns no inicio da batalla do Estreito de Dinamarca e estoupou, afundíndose en poucos minutos; a perda tivo un profundo efecto nos británicos. O primeiro ministro Winston Churchill ordenou á Royal Navy "afundir o Bismarck", o que se conseguiu entre o 26 e o 27 de maio.