Saltar ao contido

HMS Hood (51)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HMS Hood

O HMS Hood en 1924
Historial
Estaleiro John Brown & Company
Clase Admiral
Tipo cruceiro de batalla
Autorizado 7 de abril de 1916
Posta en grella 1 de setembro de 1916
Botado 22 de agosto do 1918
Asignado 15 de maio de 1920
Baixa 24 de maio de 1941
Destino afundido polo Bismarck na batalla do Estreito de Dinamarca
Características xerais
Desprazamento 46.680 t a plena carga
Eslora 262,3 metros
Manga 31,8 metros
Calado 9,8 metros
Sensores • Radar de alerta aérea Tipo 279
• Radar de tiro Tipo 284
Blindaxe • Cinto: 305–152 mm
• Cuberta : 19–76 mm
• Barbetas: 305–127 mm
• Torretas: 381–279 mm
• Torre de mando: 279–229 mm
• Tabiques: 102–127 mm
Propulsión • Turbinas de vapor Brown-Curtis
• 24 caldeiras acuatubulares Yarrow
• 4 hélices de 3 pas, ø6 metros
Potencia 144.000 CV (107.000 kW)
Velocidade • 1920: 31 nós (57 km/h)
• 1941: 28 nós (52 km/h)
Autonomía 1931: 5332 mn a 20 nós
Tripulación • 1919: 1433
• 1934: 1325
Aeronaves 4 hidroavións

O HMS Hood foi o derradeiro cruceiro de batalla construído para a Royal Navy. Formaba parte dun dos catro cruceiros de batalla clase Admiral ordenados a mediados de 1916, aínda que o seu deseño foi drasticamente revisado despois da batalla de Xutlandia e mellorado cando estaba en construción, cando aínda tiña serias limitacións. Por esta razón foi o único barco da súa clase en ser completado. Foi chamado así polo almirante do século XVIII Samuel Hood.

Construción

[editar | editar a fonte]

A construción do Hood iniciouse nos estaleiros John Brown & Company en Clydebank, Escocia, o día 1 de setembro de 1916. Despois da perda de tres cruceiros de batalla británicos na batalla de Xutlandia, engadíronse 5.000 toneladas extra de blindaxe e reforzos ao deseño do buque. O máis grave era que a protección da cuberta era defectuosa, repartida en tres dos pisos, estaba deseñada para que un proxectil que impactase detonase no piso de arriba, sendo a meirande parte da súa enerxía absorbida e o resto repartida polas dúas cubertas inferiores. O desenvolvemento de efectivos proxectis con mecanismo de retardo a finais da primeira guerra mundial fixo este esquema moito menos efectivo, xa que o proxectil intacto podería penetrar a través de varias capas de blindaxe débil e estoupar no interior do barco. Ademais, excedeu en moito o peso en comparación do deseño orixinal, o que o facía un buque pouco maniobrable e con moita tensión estrutural.

Foi botado o 22 de agosto de 1918 pola viúva do contraalmirante Sir Horace Hood, un tatara-tatara-neto do almirante Samuel Hood, polo que foi bautizado o barco. Sir Horace Hood morrera mentres comandaba o 3rd Battlecruiser Squadron no HMS Invincible, un dos tres cruceiros de batalla que estouparon na batalla de Xutlandia. Co fin de facer espazo no estaleiro John Brown para a construción de mercantes, o Hood navegou cara Rosyth para completar o seu acondicionamento o 9 de xaneiro de 1920. Despois das probas de mar, foi asignado o 15 de maio dese mesmo ano baixo o mando do capitán Wilfred Tompkinson. A súa construción custara 6 025 000£. Coas súas chamativas chemineas xemelgas e o seu perfil delgado, o Hood foi recoñecido como un dos buques de guerra máis bonitos construído. Tamén foi o maior barco de guerra a frote cando se asignou, e mantivo esta distinción durante os seuintes 20 anos. O seu tamaño e potente armamento de grande alcance valéronlle o alcume de "Mighty Hood" (poderoso Hood), converténdose así nun símbolo do Imperio Británico.

A construción do Hood comezou nos estaleiros John Brown & Company en Clydebank, Escocia, o 1 de setembro de 1916. Despois da perda de tres cruceiros de batalla británicos na batalla de Xutlandia, foron engadidas 5.000 toneladas de bliandaxe e reforzos extra ao deseño do Hood. Principalmente reforzouse a protección da cuberta, que foi distribuída en tres pisos, deseñada para que un impacto detonase no primeiro piso, sendo a meirande parte da enerxía absorbida ao penetrar o proxectil nas seguintes dúas cubertas. O desenvolvemento de efectivos proxectís con retardo de tempo a finais da primeira guerra mundial fixo este esquema moito menos efectivo, xa que o proxectil intacto podería penetrar capas de blindaxe débil e estoupar dentro do barco.

Foi botado o 22 de agosto de 1918 pola viúva do almirante Sir Horace Hood, un tataraneto do almirante Samuel Hood, por quen foi bautizado o barco.

O Hood participou nun feixe de exercicios entre a súa asignación en 1920 e o comezo da segunda guerra mundial en 1939; entre os que se inclúen exercicios de adestramento no mar Mediterráneo e unha viaxe ao redor do mundo co Special Service Squadron en 1923 e 1924. Co estoupido da segunda guerra italo-etíope uniuse á Frota do Mediterráneo, e cando empezou a guerra civil española foi asignado oficialmente a esta frota, ata que en 1939 tivo que regresar a Inglaterra para unha revisión. Nese momento da súa carreira, o Hood atopábase algo desfasado debido ao avances da artillaría naval. Programouse sometelo a unha importante reconstrución en 1941 para corrixir estes defectos, pero o estoupido da segunda guerra mundial forzou que o barco permanecese en servizo sen estas melloras.

Cando se declarou a guerra con Alemaña en setembro de 1939, o Hood estaba operando nos arredores de Islandia, e pasou os seguintes meses entre esa illa e o mar de Noruega asaltando barcos mercantes alemáns e realizando bloqueos comerciais. Despois dunha breve revisión do seu motor, navegou como buque insignia da "Force H", e participou na destrución da frota francesa en Mers-el-Kebir. Revelado como buque insignia da "Force H", o Hood foi enviado a Scapa Flow e operou nesa zona como escolta de convois e posteriormente como defensa contra unha potencial frota alemá de invasión. En maio de 1941, ao lado do HMS Prince of Wales, foi enviado a interceptar ao acoirazado alemán Bismarck que estaba en ruta para atacar convois no Atlántico. O 24 de maio de 1941 o Hood foi alcanzado por varios proxectís alemáns no inicio da batalla do Estreito de Dinamarca e estoupou, afundíndose en poucos minutos; a perda tivo un profundo efecto nos británicos. O primeiro ministro Winston Churchill ordenou á Royal Navy "afundir o Bismarck", o que se conseguiu entre o 26 e o 27 de maio.