Hispania Racing F1 Team
Nome completo | HRT Formula 1 Team (2011–2012) Hispania Racing F1 Team (2010–2011) Campos Meta 1 (2009) |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Madrid, España |
Tempadas en activo | 3 (2010-2012) |
Número de pilotos | Bruno Senna Narain Karthikeyan Daniel Ricciardo Vitantonio Liuzzi Pedro de la Rosa |
Debut | Gran Premio de Bahrain de 2010 |
Carreiras | 58 (56 saídas) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Brasil de 2012 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Hispania Racing F1 Team, antigamente coñecido como Campos Meta e Hispania Racing, é unha escudería de Fórmula 1 que corre baixo bandeira española. Fundada polo expiloto Adrián Campos de Campos Racing e Enrique Rodríguez de Meta Image. Vendeuse a José Ramón Carabante, dono do Grupo Hispania antes do seu debut en 2010, e logo ao grupo de investimento Thesan Capital en xullo de 2011, unha compañía de investimento con sede en Madrid adquiriu unha participación maioritaria do equipo de José Ramón Carabante. Thesan Capital anunciou que o equipo continuaría como antes da compra, e que non tiña plans de cambiar o nome do equipo ou alterar a súa estrutura operativa. Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, Thesan Capital describiu as súas intencións como facer o equipo "máis español" e buscar a solución do equipo dentro de España. Con base en Madrid, os seus pilotos son o español Pedro Martínez de la Rosa e o indio Narain Karthikeyan, sendo o xefe de equipo Luis Pérez-Sala e o director técnico Jean-Claude Martens.
HRT participa na categoría desde 2010, e aínda que é o terceiro intento español de montar unha escudería en F1, logo das infrutuosas Pegaso España en 1954 e Bravo F1 en 1993, foi o primeiro que conseguiu tomar a saída nun Gran Premio.
Historia
Formación
O equipo comezou como unha colaboración entre Adrián Campos, de Campos Racing e Enrique Rodríguez de Meta Image, baixo o nome de Campos Meta. Campos Racing na actualidade dirixe un equipo no European F3 Open Championship e participa na GP2 Series O equipo coñécese agora como Addax Team. Campos corre na Fórmula Un operando xunto a Meta Image, unha axencia de deportes radicada en Madrid,[1] que xestionou a un dos condutores de Campos F3 Open, Bruno Méndez. Campos e Rodríguez pensaron na posibilidade de crear o primeiro equipo de España de Fórmula Un en febreiro de 2009.[2] En marzo, o equipo conseguiu accionistas como empresario español José Ramón Carabante e os xogadores de baloncesto Pau Gasol e Jorge Garbajosa.
A sede do equipo repartiase orixinalmente entre as oficinas de Meta Image en Madrid, sede de mercadotecnia e administración, e Alzira, Valencia sede do seu centro técnico. En outubro de 2009, o equipo completou un acordo co goberno local da Rexión de Murcia para construír as novas instalacións do equipo no Parque Tecnolóxico de Fonte Álamo.[3].
O 12 de xuño, Campos Meta, foi nomeado pola FIA como un dos tres novos equipos autorizado para entrar na tempada 2010, xunto con US F1 Team e Manor Grand Prix.
A fin de semana do Gran Premio de Abu Dhabi de 2009, Campos confirmou que Bruno Senna, o sobriño do ex campión mundial Ayrton Senna, sería un dos seus pilotos para o 2010.[4]
Resultados completos en Fórmula 1
Ano | Chasis | Motor | Rodas | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Hispania F110 | Cosworth CA2010 V8 | B | BAH | AUS | MAL | CHN | ESP | MON | TUR | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | BRA | ABU | 0 | 11º | ||
Karun Chandhok | Ret | 14 | 15 | 17 | Ret | 14 | 20 | 18 | 18 | 19 | ||||||||||||||||
Bruno Senna | Ret | Ret | 16 | 16 | Ret | Ret | Ret | Ret | 20 | 19 | 17 | Ret | Ret | Ret | 15 | 14 | 21 | 19 | ||||||||
Sakon Yamamoto | 20 | Ret | 19 | 20 | 19 | 16 | 15 | |||||||||||||||||||
Christian Klien | Ret | 22 | 20 | |||||||||||||||||||||||
2011 | Hispania F111 | Cosworth CA2011 V8 | P | AUS | MAL | CHN | TUR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | BRA | 0 | 11º | ||
Narain Karthikeyan | NSC | Ret | 23 | 21 | 21 | 17 | 17 | 24 | 17 | |||||||||||||||||
Daniel Ricciardo | 19 | 19 | 18 | Ret | NC | 19 | 22 | 19 | 18 | Ret | 20 | |||||||||||||||
Vitantonio Liuzzi | NSC | Ret | 22 | 22 | Ret | 16 | 13 | 23 | 18 | Ret | 20 | 19 | Ret | 20 | 23 | 21 | 20 | Ret | ||||||||
2012 | HRT F112 | Cosworth V8 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 12º | |
Pedro de la Rosa | NSC | 21 | 21 | 20 | 19 | Ret | Ret | 17 | 20 | 21 | 22 | 18 | 18 | 17 | 18 | Ret | Ret | 17 | 21 | 17 | ||||||
Narain Karthikeyan | NSC | 22 | 22 | 21 | Ret | 15 | Ret | 18 | 21 | 23 | Ret | Ret | 19 | Ret | Ret | 20 | 21 | Ret | 22 | 18 |
* Tempada en progreso.
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
Notas
- ↑ "Analysis: New F1 teams in detail". autosport.com (Haymarket Publications). 12 June 2009. Consultado o 12 June 2009.
- ↑ "Team History" (PDF). camposmeta.com. Campos Meta. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2009. Consultado o 19 February 2010.
- ↑ "Spain's Formula One Team Campos Meta gears up by reaching an agreement with Murcia local government" (PDF). camposmeta.com (Campos Meta). 18 October 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2009. Consultado o 14 March 2010.
- ↑ Noble, Jonathan (31 October 2009). "Campos honoured to give Senna F1 slot". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 31 October 2009.
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hispania Racing F1 Team |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |