Saltar ao contido

Hispania Racing F1 Team

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HRT
Nome completo HRT Formula 1 Team
(2011–2012)
Hispania Racing F1 Team
(2010–2011)
Campos Meta 1
(2009)
Bandeira España
Baseada en Madrid, España
Tempadas en activo 3 (2010-2012)
Número de pilotos Bruno Senna
India Narain Karthikeyan
Australia Daniel Ricciardo
Italia Vitantonio Liuzzi
España Pedro de la Rosa
Debut Gran Premio de Bahrain de 2010
Carreiras 58 (56 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio do Brasil de 2012

Hispania Racing F1 Team, antigamente coñecido como Campos Meta e Hispania Racing, é unha escudería de Fórmula 1 que corre baixo bandeira española. Fundada polo expiloto Adrián Campos de Campos Racing e Enrique Rodríguez de Meta Image. Vendeuse a José Ramón Carabante, dono do Grupo Hispania antes do seu debut en 2010, e logo ao grupo de investimento Thesan Capital en xullo de 2011, unha compañía de investimento con sede en Madrid adquiriu unha participación maioritaria do equipo de José Ramón Carabante. Thesan Capital anunciou que o equipo continuaría como antes da compra, e que non tiña plans de cambiar o nome do equipo ou alterar a súa estrutura operativa. Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, Thesan Capital describiu as súas intencións como facer o equipo "máis español" e buscar a solución do equipo dentro de España. Con base en Madrid, os seus pilotos son o español Pedro Martínez de la Rosa e o indio Narain Karthikeyan, sendo o xefe de equipo Luis Pérez-Sala e o director técnico Jean-Claude Martens.

HRT participa na categoría desde 2010, e aínda que é o terceiro intento español de montar unha escudería en F1, logo das infrutuosas Pegaso España en 1954 e Bravo F1 en 1993, foi o primeiro que conseguiu tomar a saída nun Gran Premio.

Formación

[editar | editar a fonte]

O equipo comezou como unha colaboración entre Adrián Campos, de Campos Racing e Enrique Rodríguez de Meta Image, baixo o nome de Campos Meta. Campos Racing na actualidade dirixe un equipo no European F3 Open Championship e participa na GP2 Series O equipo coñécese agora como Addax Team. Campos corre na Fórmula Un operando xunto a Meta Image, unha axencia de deportes radicada en Madrid,[1] que xestionou a un dos condutores de Campos F3 Open, Bruno Méndez. Campos e Rodríguez pensaron na posibilidade de crear o primeiro equipo de España de Fórmula Un en febreiro de 2009.[2] En marzo, o equipo conseguiu accionistas como empresario español José Ramón Carabante e os xogadores de baloncesto Pau Gasol e Jorge Garbajosa.

A sede do equipo repartiase orixinalmente entre as oficinas de Meta Image en Madrid, sede de mercadotecnia e administración, e Alzira, Valencia sede do seu centro técnico. En outubro de 2009, o equipo completou un acordo co goberno local da Rexión de Murcia para construír as novas instalacións do equipo no Parque Tecnolóxico de Fonte Álamo.[3].

O 12 de xuño, Campos Meta, foi nomeado pola FIA como un dos tres novos equipos autorizado para entrar na tempada 2010, xunto con US F1 Team e Manor Grand Prix.

A fin de semana do Gran Premio de Abu Dhabi de 2009, Campos confirmou que Bruno Senna, o sobriño do ex campión mundial Ayrton Senna, sería un dos seus pilotos para o 2010.[4]

Resultados completos en Fórmula 1

[editar | editar a fonte]
Ano Chasis Motor Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Posto
2010 Hispania F110 Cosworth CA2010 V8 B BAH AUS MAL CHN ESP MON TUR CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR BRA ABU 0 11º
India Karun Chandhok Ret 14 15 17 Ret 14 20 18 18 19
Bruno Senna Ret Ret 16 16 Ret Ret Ret Ret 20 19 17 Ret Ret Ret 15 14 21 19
Sakon Yamamoto 20 Ret 19 20 19 16 15
Austria Christian Klien Ret 22 20
2011 Hispania F111 Cosworth CA2011 V8 P AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU BRA 0 11º
India Narain Karthikeyan NSC Ret 23 21 21 17 17 24 17
Australia Daniel Ricciardo 19 19 18 Ret NC 19 22 19 18 Ret 20
Italia Vitantonio Liuzzi NSC Ret 22 22 Ret 16 13 23 18 Ret 20 19 Ret 20 23 21 20 Ret
2012 HRT F112 Cosworth V8 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 0 12º
España Pedro de la Rosa NSC 21 21 20 19 Ret Ret 17 20 21 22 18 18 17 18 Ret Ret 17 21 17
India Narain Karthikeyan NSC 22 22 21 Ret 15 Ret 18 21 23 Ret Ret 19 Ret Ret 20 21 Ret 22 18

* Tempada en progreso.
Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida

  1. "Analysis: New F1 teams in detail". autosport.com (Haymarket Publications). 12 June 2009. Consultado o 12 June 2009. 
  2. "Team History" (PDF). camposmeta.com. Campos Meta. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2009. Consultado o 19 February 2010. 
  3. "Spain's Formula One Team Campos Meta gears up by reaching an agreement with Murcia local government" (PDF). camposmeta.com (Campos Meta). 18 October 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2009. Consultado o 14 March 2010. 
  4. Noble, Jonathan (31 October 2009). "Campos honoured to give Senna F1 slot". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 31 October 2009. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Páxina oficial de HRT F1 Team


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.