Saw IV
Saw IV | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Saw IV |
Director | Darren Lynn Bousman |
Produtor | Mark Burg Oren Koules Gregg Hoffman |
Guión | Patrick Melton Marcus Dunstan |
Intérpretes | Tobin Bell Costas Mandylor Scott Patterson Betsy Russell Lyriq Bent |
Música | Charlie Clouser |
Fotografía | David A. Armstrong |
Montaxe | Kevin Greutert |
Estudio | Twisted Pictures |
Distribuidora | Lionsgate Films |
Estrea | 25 de outubro de 2007 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Canadá Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $10 000 000 |
Recadación | $139 300 000[1] |
Filme anterior | Saw III |
Filme seguinte | Saw V |
Na rede | |
https://www.lionsgate.com/movies/saw-4 | |
Saw IV é un filme canadense-estadounidense[2] de terror psicolóxico dirixido por Darren Lynn Bousman. É o cuarto filme da franquía Saw. Está protagonizado por Tobin Bell, Costas Mandylor, Scott Patterson, Betsy Russell, Lyriq Bent, Justin Louis e Donnie Wahlberg.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jigsaw e a súa aprendiz Amanda están mortos. Tras coñecer a morte do detective Kerry, dous criminólogos do FBI, o axente Strahm e a axente Pérez, chegan a comisaría de policía para axudar ó Detective Hoffman a investigar o último xogo de Jigsaw. O obxectivo é dar sentido ás pezas do crebacabezas. Pero de súpeto, o Comandante Rigg do SWAT, o único oficial ó que Jigsaw non tocara, é secuestrado e obrigado a formar parte do xogo deste psicópata. O oficial ten só 90 minutos para superar unha serie de trampas conectadas entre si ou do contrario a súa vida estará en perigo.
A busca de Rigg por toda a cidade deixa tras si unha macabra estela de cadáveres, o que lle permite ó detective Hoffman e ó FBI descubrir pistas que estaban ocultas durante moito tempo e que os levan ata Jill, a ex-esposa de Jigsaw. Ó final desvélase o malvado xogo de Jigsaw e saen á luz as verdadeiras intencións do mestre dos monicreques, así como o sinistro plan que deseñara para vítimas pasadas, presentes e futuras.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tobin Bell como John Kramer
- Costas Mandylor como Detective Mark Hoffman
- Scott Patterson como Axente Peter Strahm
- Betsy Russell como Jill Tuck
- Lyriq Bent como Tenente Daniel Rigg
- Athena Karkanis como Axente Lindsey Perez
- Justin Louis como Art Blank
- Donnie Wahlberg como Detective Eric Matthews
- Angus Macfadyen como Jeff Denlon
- Dina Meyer como Detective Allison Kerry
- Marty Adams como Ivan Landsness
- Janet Land como Morgan
- Ron Lea como Rex
- Sarain Boylan como Brenda
- Billy Otis como Cecil Adams
- Kevin Rushton como Trevor
- Mike Realba como Detective Fisk
- Ingrid Hart como Tracy Rigg
- James Van Patten como Dr. Heffner
- Emmanuelle Vaugier como Addison Corday
- Noam Jenkins como Michael Marks
- Tony Nappo como Gus Colyard
- Mike Butters como Paul Stallberg
- J. Larose como Troy
- Oren Koules como Donnie Greco
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Saw IV (2007)". Consultado o 4 de xaneiro de 2008.
- ↑ British Film Institute (ed.). "BFI Film & TV Database - Saw IV". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2011. Consultado o 19 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Saw IV na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)