Saltar ao contido

Saw IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saw IV
Ficha técnica
Título orixinalSaw IV
DirectorDarren Lynn Bousman
ProdutorMark Burg
Oren Koules
Gregg Hoffman
GuiónPatrick Melton
Marcus Dunstan
IntérpretesTobin Bell
Costas Mandylor
Scott Patterson
Betsy Russell
Lyriq Bent
MúsicaCharlie Clouser
FotografíaDavid A. Armstrong
MontaxeKevin Greutert
EstudioTwisted Pictures
DistribuidoraLionsgate Films
Estrea25 de outubro de 2007
Duración92 minutos
Orixe Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento$10 000 000
Recadación$139 300 000[1]
Filme anteriorSaw III
Filme seguinteSaw V
Na rede
https://www.lionsgate.com/movies/saw-4
IMDB: tt0890870 Filmaffinity: 645384 Allocine: 125198 Rottentomatoes: m/saw_4 Mojo: saw4 Allmovie: v379341 TCM: 664551 Metacritic: movie/saw-iv TV.com: movies/saw-iv Netlix: 70060007 Editar o valor en Wikidata

Saw IV é un filme canadense-estadounidense[2] de terror psicolóxico dirixido por Darren Lynn Bousman. É o cuarto filme da franquía Saw. Está protagonizado por Tobin Bell, Costas Mandylor, Scott Patterson, Betsy Russell, Lyriq Bent, Justin Louis e Donnie Wahlberg.

Jigsaw e a súa aprendiz Amanda están mortos. Tras coñecer a morte do detective Kerry, dous criminólogos do FBI, o axente Strahm e a axente Pérez, chegan a comisaría de policía para axudar ó Detective Hoffman a investigar o último xogo de Jigsaw. O obxectivo é dar sentido ás pezas do crebacabezas. Pero de súpeto, o Comandante Rigg do SWAT, o único oficial ó que Jigsaw non tocara, é secuestrado e obrigado a formar parte do xogo deste psicópata. O oficial ten só 90 minutos para superar unha serie de trampas conectadas entre si ou do contrario a súa vida estará en perigo.

A busca de Rigg por toda a cidade deixa tras si unha macabra estela de cadáveres, o que lle permite ó detective Hoffman e ó FBI descubrir pistas que estaban ocultas durante moito tempo e que os levan ata Jill, a ex-esposa de Jigsaw. Ó final desvélase o malvado xogo de Jigsaw e saen á luz as verdadeiras intencións do mestre dos monicreques, así como o sinistro plan que deseñara para vítimas pasadas, presentes e futuras.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Box Office Mojo (ed.). "Saw IV (2007)". Consultado o 4 de xaneiro de 2008. 
  2. British Film Institute (ed.). "BFI Film & TV Database - Saw IV". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2011. Consultado o 19 de setembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]