Saltar ao contido

José García Liñares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé García Liñares
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Tordoia, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cerceda
1995 – xaneiro de 2020 (dimisión)
← Fernando Martínez GonzálezJuan Manuel Rodríguez García → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cerceda Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

José García Liñares, nado en Tordoia o 3 de xaneiro de 1950, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Arquitecto técnico. Concelleiro do PSdeG-PSOE en Cerceda, en febreiro de 1995 asumiu a alcaldía en funcións trala inhabilitación de Fernando Martínez González. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. En marzo de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Fútbol[1], ocupando o cargo ata decembro de 2014. Foi deputado provincial entre 1995 e 2011, e novamente de 2015 a 2019.

En xaneiro de 2019 foi condenado a un ano e medio de prisión e 16 anos de inhabilitación por prevaricación e fraude á Administración pola licitación e adxudicación dunha obra en 2015 de 325.000 euros.[2][3] Negouse a dimitir, e trala anulación do xuízo no que fora condenado puido concorrer ás eleccións municipais de 2019 e acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta á fronte do PSdeG-PSOE.[4] Trala repetición do xuízo e a emisión dun novo fallo condenatorio en xaneiro de 2020 presentou a súa dimisión e foi substituído no mes de febreiro polo tamén socialista Juan Manuel Rodríguez García.


Predecesor:
Fernando Martínez González
 
Alcalde de Cerceda
 
1995 - 2020
Sucesor:
Juan Manuel Rodríguez García
  1. "José García Liñares es el nuevo presidente de la Federación Gallega". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2011. 
  2. Longueira, Toni (27-02-2019). "El alcalde de Cerceda, inhabilitado 16 años, en el pleno: «O alcalde son eu»". lavozdegalicia.es. Consultado o 28-02-2019. 
  3. Aguiar, Iván (2019-03-02). "Dos alcaldes para un mismo concello". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-11-04. 
  4. "Cerceda". www.fegamp.gal. Consultado o 2023-11-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]