José García Liñares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1950 (74 anos) Tordoia, España |
Alcalde de Cerceda | |
1995 – xaneiro de 2020 (dimisión) ← Fernando Martínez González – Juan Manuel Rodríguez García → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cerceda |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
José García Liñares, nado en Tordoia o 3 de xaneiro de 1950, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira política
[editar | editar a fonte]Arquitecto técnico. Concelleiro do PSdeG-PSOE en Cerceda, en febreiro de 1995 asumiu a alcaldía en funcións trala inhabilitación de Fernando Martínez González. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. En marzo de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Fútbol[1], ocupando o cargo ata decembro de 2014. Foi deputado provincial entre 1995 e 2011, e novamente de 2015 a 2019.
Condena
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2019 foi condenado a un ano e medio de prisión e 16 anos de inhabilitación por prevaricación e fraude á Administración pola licitación e adxudicación dunha obra en 2015 de 325.000 euros.[2][3] Negouse a dimitir, e trala anulación do xuízo no que fora condenado puido concorrer ás eleccións municipais de 2019 e acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta á fronte do PSdeG-PSOE.[4] Trala repetición do xuízo e a emisión dun novo fallo condenatorio en xaneiro de 2020 presentou a súa dimisión e foi substituído no mes de febreiro polo tamén socialista Juan Manuel Rodríguez García.
Predecesor: Fernando Martínez González |
Alcalde de Cerceda 1995 - 2020 |
Sucesor: Juan Manuel Rodríguez García |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José García Liñares es el nuevo presidente de la Federación Gallega". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2011.
- ↑ Longueira, Toni (27-02-2019). "El alcalde de Cerceda, inhabilitado 16 años, en el pleno: «O alcalde son eu»". lavozdegalicia.es. Consultado o 28-02-2019.
- ↑ Aguiar, Iván (2019-03-02). "Dos alcaldes para un mismo concello". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-11-04.
- ↑ "Cerceda". www.fegamp.gal. Consultado o 2023-11-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "García Liñares, José". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.