Gadiformes
Gadiformes Gadiformes | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bacallau (Gadus morhua) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas.[4]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da orde deriva do seu xénero tipo, Gadus, do latín gadus, bacallau, e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Teñen un corpo máis ou menos alongado, con escamas cicloides (rara vez ctenoides), e sen conduto pneumático na vexiga natatoria, órgano que algunhas especies (Melanonidae e Squalogadus) non posúen.[4]
As aletas non teñen raios espiñentos (ou polo menos, sen verdadeiras espiñas); as dorsais e anais son normalmente longas; a caudal homocerca e as pelvianas, cando existen, están inseridas por debaixo ou á altura das pectorais, rara vez por detrás. Algunhas especies posúen un maxilar protráctil.[4]
Habitan principalmente en augas frías do Atlántico norte e tamén no Mediterráneo.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo FishBase, a orde comprende dez familias:[6]
- Familia Bregmacerotidae
- Familia Euclichthyidae
- Familia Gadidae
- Familia Lotidae
- Familia Macrouridae
- Familia Melanonidae
- Familia Merlucciidae
- Familia Moridae
- Familia Muraenolepididae
- Familia Phycidae
Porén, o SIIT non considera como familias á dos Lotidae, cuxas especies encadra nas subfamilias dos Lotinae e Phycinae, da familia dos Gadidae, e á dos Phycidae, considerada como subfamilia (Phycinae) dos gádidos (Gadidae).[7]
En Galicia
[editar | editar a fonte]En augas das costas galegas está rexistrada a presenza das seguintes especies de gadiformes:[8][9][10]
- Familia Gadidae
- Xénero Gadiculus
- Gadiculus argenteus — Faneca prateada
- Xénero Merlangius
- Merlangius merlangus — Merlán
- Xénero Micromesistius
- Micromesistius poutassou — Lirio
- Xénero Pollachius
- Pollachius pollachius — Badeixo ou abadexo
- Xénero Trisopterus
- Trisopterus luscus — Faneca
- Trisopterus minutus — Fodón
- Xénero Ciliata
- Ciliata mustela — Mariola
- Xénero Molva
- Molva molva — Maruca
- Molva dypterygia — Peixe pau ou maruca azul
- Molva macrophthalma — Maruca do Mediterráneo
- Xénero Phycis
- Phycis phycis — Bertorella común
- Phycis blennoides — Bertorella da pedra
- Xénero Raniceps
- Raniceps raninus — Bertorella anana
- Xénero Antonogadus
- Antonogadus macrophthalmus — Barbada de ollos grandes
- Xénero Gaidropsarus
- Gaidropsarus mediterraneus — Barbada da pedra
- Gaidropsarus guttatus — Barbada pinta
- Gaidropsarus vulgaris — Barbada común
- Xénero Gadiculus
- Familia Macrouridae
- Familia Merlucciidae
- Xénero Merluccius
- Merluccius merluccius — Pescada
- Xénero Merluccius
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Taxonomicon
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Gadoidei (Taxonomic Serial No.: 164669) no SIIT Sistema Integrado de Información Taxonómica (en inglés)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Taxonomicon syn.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Nelson, Joseph S. (2006). Fishes of the world (4th ed ed.). Hoboken, N.J.: John Wiley& Sons. ISBN 0471250317. OCLC 62324946.
- ↑ "Memidex". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2013.
- ↑ Gadiformes en FishBase, 2010. (en inglés)
- ↑ Gadiformes (Taxonomic Serial No.: 164665) en SIIT, 2010. (en inglés)
- ↑ Solórzano et al. (1988)
- ↑ Rodríguez Villanueva el al. (1995)
- ↑ Rodríguez Solórzano et al. (1983)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gadiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gadiformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- FAO, ed. (1990). Gadiform fishes of the world (order Gadiformes) : an annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO Fisheries Synopsis 10. Rome. pp. 77–81. ISBN 9251028907. OCLC 24146102.
- Coppola, S. R. et al. (1994): SPECIESDAB: Global species database for fishery purposes. User's manual. FAO Computerized Information Series (Fisheries). Núm. 9. Roma, FAO.
- Nelson, Joseph S. (2006). Fishes of the world (4th ed ed.). Hoboken, N.J.: John Wiley& Sons. ISBN 0471250317. OCLC 62324946.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel Rodríguez; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
- Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. e Froese, R. (2001): Pisces, en: Costello, M. J. et al. (Ed.), 2001. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.