Saltar ao contido

Alejandro Lerroux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Lerroux

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1864 Editar o valor en Wikidata
La Rambla, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello de Ministros
4 de outubro de 1934 – 25 de setembro de 1935
← Ricardo SamperJoaquín Chapaprieta →
Presidente do Consello de Ministros
16 de decembro de 1933 – 28 de abril de 1934
← Diego Martínez BarrioRicardo Samper →
Deputado nas Cortes republicanas

7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) Traducir
Presidente do Consello de Ministros
12 de setembro de 1933 – 9 de outubro de 1933
← Manuel AzañaDiego Martínez Barrio →
Deputado nas Cortes republicanas
22 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Ramón Gil Roldán →

Circunscrición electoral: Santa Cruz de Tenerife (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
22 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Joaquín García Ribes (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

22 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Pablo Valiente Paredes (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Deputado nas Cortes republicanas
8 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Tomás Peire Cabaleiro (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Huesca (en) Traducir
Ministro de Estado de España
14 de abril de 1931 – 16 de decembro de 1931
Deputado das Cortes
13 de xuño de 1919 – 15 de setembro de 1923
Circunscrición electoral: Barcelona
Deputado das Cortes
18 de abril de 1916 – 10 de xaneiro de 1918
Circunscrición electoral: Barcelona
Deputado das Cortes
18 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916
Circunscrición electoral: Córdoba (en) Traducir
Deputado das Cortes
18 de xuño de 1901 – 2 de xaneiro de 1914
Circunscrición electoral: Barcelona
Presidente da Asociación da Prensa de Madrid
Ministro da Guerra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaAnticlericalismo, Catalanofobia, workerism (en) Traducir e Populismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de La Laguna Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical (1908–1939)
Unión Republicana (1901–1908) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Lerroux (Alejandro), p.225)
Q122834026 Traducir, (sec:Don Alejandro Lerroux García, p.299-305)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX961558

Alejandro Lerroux García, nado en La Rambla (Córdoba) o 4 de marzo de 1864 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1949), foi un político andaluz, que ocupou a presidencia do goberno de España durante un breve período da Segunda República.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lerroux García, fillo dun veterinario militar, comezou a carreira das armas, pero abandonouna enseguida. Licenciouse en Dereito, e desde a súa mocidade militou nos partidos republicanos, seguindo a Manuel Ruiz Zorrilla. Dedicouse ao xornalismo, desenvolvendo un estilo agresivo e populista; dirixiría varias publicacións, entre elas El País, El Progreso, La Publicidad, El Intransigente e El Radical. Varias veces detido e preso, impenitente duelista á usanza romántica, estableceuse en Barcelona, onde foi nomeado director do diario La Publicidad. Coas súas campañas, duramente anticlericais e populistas, gañouse ao ambiente obreiro, e chegou a ser chamado o Emperador do Paralelo, sector barcelonés de alegre vida nocturna. As campañas do seu xornal produciron disturbios de carácter antimilitarista e anticatalanista, contrarrestados por fortes reaccións doutros sectores opostos, ata que o aire barcelonés empezou a facérselle irrespirable.

Electo deputado por primeira vez en 1901 pola Unión Republicana, entre cuxos fundadores se contara, repetiu en 1903 e 1905, ata que o cofundador Nicolás Salmerón abandonase o partido para incorporarse á coalición Solidariedade Catalá en 1906; Lerroux decidiu entón separarse, descontento co crecente nacionalismo catalán, para o que formou en 1908 o Partido Republicano Radical.

A condena contra un dos seus artigos levouno por primeira vez ao exilio en 1907; volvería abandonar o país escapando das represalias gobernamentais trala Semana Tráxica de Barcelona en 1909. Ao seu regreso ingresou na Conjunción Republicano-Socialista, e recuperou en 1910 o seu escano de deputado; con todo, os escándalos de corrupción que se sucederon o afastaron do seu electorado barcelonés, e en 1914 a falta de apoio levouno a presentarse en Córdoba. Participou en política aínda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, aínda cando a secesión dos Radical-Socialistas de Marcelino Domingo en 1929 debilitou o seu partido; formou parte do comité revolucionario que preparou o derrocamento de Afonso XIII, e participou na proclamación da Segunda República Española en 1931.

Apoiou as reformas do goberno de Manuel Azaña durante o seu primeiro bienio, e como ministro de Estado formou parte da coalición de esquerda que apoiou a este. Con todo, aproximouse ás posicións da dereita e en 1933 pactou cos conservadores que obtiveron o poder. Entre 1933 e 1935 ocupou tres veces a cabeza do goberno, ademais das carteiras de Estado (1935) e con carácter interino a de Guerra (1934) trala dimisión de Diego Hidalgo Durán. O seu definitivo derrube político viría dado pola súa implicación no escándalo do estraperlo, que motivou o seu afastamento da coalición gobernante. Non obtivo éxito nas eleccións de 1936, e exiliouse en Portugal ao comezo da guerra civil española. Regresou a España en 1947, téndose reconciliado cos líderes do alzamento militar do ano 1936.


Predecesor:
Álvaro de Figueroa y Torres,
Conde de Romanones
 
Ministro de Estado de España
 
1931
Sucesor:
Luis Zulueta Escolano
Predecesor:
Manuel Azaña
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1933
Sucesor:
Diego Martínez Barrio
Predecesor:
Diego Martínez Barrio
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1933 - 1934
Sucesor:
Ricardo Samper e Ibáñez
Predecesor:
Ricardo Samper e Ibáñez
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1934 - 1935
Sucesor:
Joaquín Chapaprieta Torregrosa
Predecesor:
Juan José Rocha García
 
Ministro de Guerra de España
 
1934 - 1935
Sucesor:
José Martínez de Velasco
Predecesor:
Diego Hidalgo Durán
 
Ministro de Estado de España
 
1935
Sucesor:
Carlos Masquelet Lacaci