Saltar ao contido

Alpha Aquilae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Altair.

Alpha Aquilae (α Aquilae / α Aql), máis coñecida coma Altair é unha estrela da constelación da Aguia. É unha estrela branca dunha magnitude visual de 0,77.

Localizada a 17 anos luz da Terra, é catro veces máis voluminosa có Sol e clase espectral A7, é a décimo segunda estrela máis luminosa do ceo e unha das estrelas que mellor pode ver a simple vista. O nome ven do árabe al-nasr al-tair (aguia en voo).

Altair caracterízase pola súa extremadamente rápida rotación, o seu ecuador fai unha rotación completa en 6 h 30 m, como resultado desta rápida rotación, Altair ten unha forma oblonga, o seu diámetro ecuatorial é un 14% máis grande có seu diámetro polar.

Altair forma parte do coñecido como triángulo do verán, con Vega e Deneb.