Saltar ao contido

Anne Marie Morris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne Marie Morris
Biografía
Nacemento30 de maio de 1916 Editar o valor en Wikidata
Evanston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1999 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Gresham, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora, escritora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1372819


Anne Marie Morris, nada en Evanston (Illinois) o 30 de maio de 1916 e finada en Gresham (Oregón) o 3 de outubro de 1999, foi unha escritora estadounidense[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1950 comezou os estudos superiores na Universidade de California, que non puidera iniciar antes polo traballo e o coidado dos fillos. Estudou linguas románicas, entre elas o portugués e o francés, e ensinou italiano e castelán no Shorter College de Rome (Xeorxia).

Cara a 1955 descubriu a lingua galega lendo na obra Aromas de leyenda de Ramón María del Valle-Inclán os versos populares "Como chove miudiño...". Despois leu a Rosalía de Castro e Curros Enríquez, e coñeceu o profesor exiliado Xosé Rubia Barcia, da Universidade de California. En 1964 publicou Voz fuxitiva na colección Salnés de Editorial Galaxia, con limiar de Ernesto Guerra da Cal[2]. En 1993 participou no congreso Poetas alófonos en lingua galega, organizado por Xesús Alonso Montero[3].

  1. "Anne Marie Morris, a norteamericana que escolleu o galego para se facer poeta", artigo na web da Real Academia Galega, 23 de xuño de 2016.
  2. "Voz fuxitiva, por Anne Marie Morris", recensión de Bernardino Graña na revista Grial nº8, 1965. Páx. 247-249
  3. "Anne Marie Morris: centenario", artigo de Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia, 24 de xuño de 2016.