Antônio Meneses
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1957 Recife, Brasil |
Morte | 3 de agosto de 2024 (66 anos) Basilea, Suíza |
Causa da morte | glioblastoma multiforme (pt) |
Educación | State University of Music and Performing Arts Stuttgart (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música e cello music performance (en) |
Lugar de traballo | Suíza |
Ocupación | músico, chamber musician (en) , profesor de música, classical cellist (en) , solista (pt) |
Empregador | Universidade de Berna Bern Academy of Arts (en) |
Membro de | |
Instrumento | Violoncello |
Páxina web | antoniomeneses.com |
Antônio Meneses, nado en Recife o 23 de agosto de 1957 e finado en Basilea (Suíza) o 3 de agosto de 2024, foi un violoncellista brasileiro.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo do trompista João Jerônimo de Meneses, no primeiro ano de vida viviu na cidade de Río de Xaneiro, onde o seu pai fora convidado para integrar o elenco do Theatro Municipal do Rio de Janeiro. Con 6 anos, comezou a aprender violoncello. Gañou varios concursos e, aos 17 anos, foi estudar en Europa, para perfeccionar o seu talento.
Ingresou na Escola Superior de Música de Düsseldorf, despois seguiu en Stuttgart, ambas na Alemaña. En 1977 gañou o Concurso Internacional de München, derrotando, por unanimidade, 40 candidatos.
En 1981, gravou co mestre Herbert von Karajan, e no ano seguinte venceu o Concurso Tchaikovsky, en Moscova.
Despois, presentouse coas Orquestras Filharmónicas de Moscova, San Petersburgo, Nova York e Israel, e as Orquestras Sinfónicas de Londres, da BBC e Viena, ademais da Orquestra do Concertgebouw, de Ámsterdan, e da Orquestra da Suisse Romande, entre outras.
Meneses tamén foi membro titular do trío Beaux Arts, desde 1998.
O seu instrumento era un Matteo Goffriler do século XVIII (equivalente, nos violoncellos, ao violín Stradivarius).