Saltar ao contido

Asociación Ucraína de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Українська асоціація футболу
Ukrayinska asotsiatsiya futbolu
UEFA
Logotipo
Fundación13 de decembro de 1991
Afiliación á FIFA1992
Afiliación á UEFA1992
PresidenteAndriy Paveko
Sitio webwww.pzpn.pl

A Asociación Ucraína de Fútbol (UAF) (en ucraíno: Українська асоціація футболу, Ukrayinska asotsiatsiya futbolu) é o máximo corpo reitor do fútbol en Ucraína, con sede en Kíiv. Foi fundada en 1992, trala disolución da Unión Soviética da cal formaba parte o país. Organiza as ligas ucraínas de fútbol (sendo a máxima categoría a Prem'er-Liha), o campionato de Copa (Кубок України) e outras competicións. Ademais, está ao cargo da Selección de fútbol de Ucraína nas súas distintas categorías.

Antes do 2019 coñecido como Federación de Fútbol de Ucraína (FFU).

A Federación Ucraína de Fútbol fundouse como entidade legal independente o 13 de decembro de 1991. Até a data, Ucraína fora parte da Federación Soviética de Fútbol e os seus clubs participaban no campionato da Unión Soviética. En febreiro de 2002 a FFU puxo en marcha a primeira edición da liga profesional de Ucraína, e tamén do campionato deCopa. En 1992, Ucraína pasou a ser membro de pleno dereito da UEFA e a FIFA.

A Selección de fútbol de Ucraína disputou o seu primeiro partido o 29 de abril de 1992, un encontro amigable contra Hungría, que se impuxo por 1-3. A súa primeira presenza nunha fase final dun campionato internacional foi no Mundial de 2006, en que chegou a cuartos de final. En categorías inferiores, Ucraína gañou a medalla de bronce no Campionato de Europa sub-16 de 1994 e a medalla de prata no Campionato Europeo sub-18 de 2000.

En 2005 a FFU, xunto coa Asociación Polaca de Fútbol, presentou formalmente a súa candidatura para albergar a Eurocopa 2012. Na votación final, celebrada o 18 de abril de 2007, a UEFA elixiu a candidatura de Polonia/Ucraína por diante de Italia e a candidatura conxunta de Croacia/Hungría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]