Balaenoptera
Balaenoptera | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Balaenoptera physalus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Balaenoptera é un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae).
Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae).
A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero Balaenoptera foi descrito en 1804 polo zoólogo francés Bernard-Germain de Lacépède na páxina 114 da súa obra Hist. Nat. Cetacees.[5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Lacépède construíu o termo Balaenoptera a partir dos elementos do latín científico Balaen-, tirado do latín bālæna, 'balea' (que, á súa vez, deriva do grego antigo φάλαινα phálaina), e -ptera, derivado do grego antigo πτερόν pterón, 'á' (intercalando un -o- para facilitar a pronuncia), en alusión ás longas aletas pectorais das súas especies. Literalmente: 'as baleas con ás'.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome cuñado por Lacépède, o xénero coñécese tamén polos sinónimos seguintes:[3]
- Cuvierius Gray, 1866
- Pterobalaena Eschricht, 1849
- Rorqualus Cuvier, 1836
- Catoptera Rafinesque, 1815
Clasificación
[editar | editar a fonte]O xénero Balaenoptera comprende as sete especies (oito, para algúns autores) seguintes:[3]
- Xénero Balaenoptera Lacépède, 1804
- Balaenoptera acutorostrata Lacépède, 1804
- Balaenoptera bonaerensis Burmeister, 1867
- Balaenoptera borealis Lesson, 1821
- Balaenoptera brydei Olsen, 1913 (Non aceptado; válido Balaenoptera edeni Anderson, 1878) [6][7]
- Balaenoptera edeni Anderson, 1878
- Balaenoptera musculus Linnaeus, 1758
- Balaenoptera omurai Wada, Oishi & Yamada, 2003
- Balaenoptera physalus Linnaeus, 1758
En Galicia
[editar | editar a fonte]En augas próximas ás nosas costas, segundo a biibliografía dispoñíbel, pódense encontrar varias especies do xénero Balaenoptera.
Na Lista patrón de vertebrados de Galicia da SGHN, publicada no Tomo I da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,[8] aparecen as dúas especies seguintes (indícanse os nomes vulgares galegos propostos):
- Balaenoptera physalus – rorcual de Bryl [9]
- Balaenoptera borealis – rorcual boreal
Pola súa pare, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez,[10] cítanse (o que no quere dicir que forzosamente teñan que frecuentar augas galegas, senón só que teña nome no noso idioma), relaciónanse as seguintes:
- Balaenoptera acurrostrata – rorcual alibranco
- Balaenoptera musculus – rorcual azul
- Balaenoptera edeni – rorcual de Bryde ou balea de Bryde
- Balanoptera physalis [11] – rorcual común
- Balaenopterus borealis [12] – rorcual de pintas
Finalmente, na moderna Guía dos mamíferos de Galicia, os seus autores, Díaz d'a Silva e Cartelle,[13] consideran catro especies (e inclúen os catro mapas de distribución correspondentes):
- Balaenpotera acurrostrata – balea alibranca
- Balenoptera borealis – balea de pintas
- Balaenoptera musculus – balea azul
- Balaenoptera physalus – balea común
Nota: sobre os nomes galegos destes rorcuais (ou baleas) véxase o artigo Balenoptéridos e a súa páxina de conversa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Balaenopterinae Gray, 1864 no WoRMS.
- ↑ Balaenoptera Lacépède, 1804 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Balaenoptera (Lacépède, 1804) no ITIS.
- ↑ Wada, S.; Oishi, M. e Yamada, T. K. (2003): "A newly discovered species of living baleen whale". Nature 426: 278–281. Resumo
- ↑ Balaenopteridae no MSW.
- ↑ Balaenoptera brydei Olsen, 1913 en WoRMS.
- ↑ Balaenoptera brydei na Lista da UICN.
- ↑ Pérez Alberti, A. (1982), p. 210.
- ↑ Probabelmente erro de imprenta por rorcual de Bryde.
- ↑ Lahiuerta e Vázquez (2000), p. 309.
- ↑ O nome correcto é Balaenoptera physalus.
- ↑ O nome correcto é Balaenoptera borealis.
- ↑ Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-133.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balaenoptera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 978-84-282-1037-3.
- Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
- Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Omega. ISBN 978-84-282-0811-5.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-2913-8.
- Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 978-84-85779-12-6.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7.
- Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. Londres: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berkeley, California, USA: University of California Press. ISBN 978-0-520-03973-4.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- List of Marine Mammal Species and Subspecies en Society for Marine Mammalogy (en inglés).
- Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) (en galego).
- Sociedad para la Conservación de Ballenas y Delfines / Whale and Dolphin Conservation Society (WDCS) (en castelán)
- FAO-OMS (1993): Marine mammals of the world (en inglés).