Boris
Aparencia
«Boris» | ||
---|---|---|
canción de Melvins | ||
do álbum Bullhead | ||
Lanzamento | 1991 | |
Formato | {{{formato}}} | |
Gravada | 1990 | |
Xénero musical | doom metal | |
Lingua(s) | {{{lingua}}} | |
Duración | 8:34 | |
Discográfica | Boner Records | |
Produtor(es) | Jonathan Burnside | |
Escritor(es) | Buzz Osborne | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Boris" é unha canción da banda estadounidense de sludge metal Melvins, aparecida no seu álbum de 1991 Bullhead. Debido a súa extrema baixa velocidade e guitarras repetitivas adoita considerarse un tema de doom metal. A canción é unha das favoritas dos seareiros de Melvins e aparece no libro/álbum retrospectivo Neither Here Nor There e no álbum ao vivo Alive at the F*cker Club. O grupo xaponés de doom/drone metal Boris colleu o seu nome desta canción. O tema foi versionado por Isis e Agoraphobic Nosebleed no álbum tributo de 2005 We Reach: The Music of the Melvins.